Escoitar

800 escolares participan na iniciativa didáctica "Vigo Activites"

A iniciativa didáctica Vigo Activities 2009-2010, que se desenvolve dentro do programa educativo municipal Aulas Internacionais, ten aberto o seu calendario ata o mes de febreiro coa actividade "Fálame do teu país/Tell me about your counry", que supón un punto de encontro con persoas que teñen como lengua oficial o inglés. En total na devandita actividade participan preto de 800 escolares de quinto e sexto de primaria pertencentes a 27 centros de ensino de Vigo.

xoves, 28 xan 2010
A actividade en inglés que se desenvolverá nas aulas dos colexios vigueses están orientadas a ofertar a comunidade educativa as diferentes propostas de actividades que tentar contribuir á mellora da competencia en lingua ingleas. A actividade "Fálame do teu país/Tell me about your country" está organizada de maneria que mediante sesións en inglés de encontro con nativos búscase en horario lectivo o reforzamento de comprensión auditiva e expresión oral dos escolares.

Nesas sesións de inglés, hai un encontro con persoas nativas coordinadas por un docente que utilizará material motivacional sobre Australia, Irlanda e Swazilandia. O profesor protagonista desta actividades fai unha exposición sobre o seu país de orixe con especial incidencia nalgún asunto que interese ao alumnos o mediante a narración dunha vivencia persoal.

Encontro gratificante
A dinamización da actividade corre a cargo de personal nativo da compañía Global Project, que pretende facilitar un encontro gratificante coa lingua inglesa e creación de un verdadeiro contexto de inmersión linguistica. De maneira se tende a creación dun proceso de inmersión linguistica que desemboque na mellora dos hábitos e técnicas de comunicación oral. Por outra banda, facilitase o traballo dos profesores ao constituir un factor extra de motivación no alumnado para o aprendizaxe da lingua inglesa.

Nas aulas dispónse dun elaborado material didáctico que utilizan profesorado e alumnado de cara a consguir un maior rendemento educativo de iniciativa. A iniciativaVigo Activities 2009-2010 forma parte das actividades da Concellería de Educación do Concello de Vigo destinadas a fomentar a capacitación óptima e satisfactoria do alumnado en lingoa inglesa que propicie situacións de comunicación lúdicas próximas à realidade dos estudantes.