Escoitar

O Pazo Quiñones de León acollerá o domingo a entrega de Galegas Destacadas

A Asociación de Mulleres Diálogos 90 fará entrega o vindeiro domingo dos premios Galegas Destacadas 2009 nun acto que terá lugar nas dependencias do Pazo Museo Quiñones de León, e que se enmarca no na celebración da efemérides do pasamento da pensadora, escritora e xurista, Concepción Arenal. Os galardóns do citado colectivo corresponden nesta coasión a Carmen Pérez Vaquero, Patricia Ferreira Mañá y Matilde González Méndez.

venres, 29 xan 2010
O programa de actos dará comenzo a 13 horas coa ofrenda floral ante o monumento funerario donde está soterrada Concepción Arenal no cimiterio de Pereiró. Trinta minutos despois haberá unha recepción oficial no pazo Museo Quiñones de Léon, donde se procederá á lectura do discurso por parte de MaRita Vázquez de la Cruz, presidenta de Diálogos 90, no transcurso do cal se procederá á entrega dos premios Galegas Destacadas 2009.O actos pecharase cunhas palabras a cargo do alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Os premios Galegas Destacadas se teñén consolidado por ser un refente do recoñecemento a laboura que desenvolven as galegas en diferentes eidos. Nese senso a variedade profesional define os galardóns que serán entregados o domingo. Carmen Pérez, Patricia Ferreira e Matilde Ferández pertecen aos eidos da difusión do galego, o cine e a arqueoloxía.

Carmen Pérez está vinculada á utilización do galego no terreno administrativo, pois é coñecida a súa laboura como secretaria e colaboradora imprescindible de fundacións e asociacións como Irmandade xurídica galega, supervisora das publicacións do Foro Peinador e organización dos premios Peña Novo, entre outras convocatorias.

Patricia Ferreira é coñecida polo seu traballo cinematográfico como directora de películas como Sei quen es, filme rodado e ambientado en Galicia y falado en gallego. No currículum desta cineasta tamén figurán O alquimista impaciente e Para que no me olvides, cintas premiadas ou recoñecidas nos prestixiosos festivais de Belín, Cannes e Valladolid. A máis recente filmación de Patricia é o documental titulado Donas, no que afonda na problemática de 13 mulleres galegas durante o franquismo.

Matilde Gónzález representa o mundo da arqueoloxía, especialidade que a levou a ser directora de diferentes excavación arqueolóxicas en Galicia. O afondamento no seu traballo a converte en especialista en xestiòn do patrimonio e tamén é membro de Herity Internacional. Na actualidade dirixe as excavaciones no Castro.