O pleno acorda pedir á Xunta que retire o decreto do galego no ensino
O pleno da corporación municipal aprobou este luns a moción contra o decreto do galego no ensino que insta a Xunta de Galicia a retirar o borrador do novo decreto sobre o uso das linguas vehiculares presentado o 30 de decembro de 2009 diante da opinión pública. A sesión ordinaria validou tamén a aprobación definitiva do Regulamento do Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV) e a contratación de servizos de revisión do inventariado municipal.
No mesmo texto sobre o decreto do galego, e presentado polo grupo municipal do BNG, acordase instar a Xunta de Galicia para que cumpra as obrigas estatutarias de normalización da lingua propia de Galicia en todos los planos da vida publica, de acordo con artigo 5 do Estatuto de Autonomía, e retornar o consenso político e social que se establece no marco da Lei de Normalización Lingüística e no Decreto, consecuencia do Plan de Normalización aprobado por unanimidade das forzas parlamentarias.
Segundo a concelleira do BNG que defendeu a moción, as bases para a elaboración do novo decreto presentáse baixo a suposta argumentación de que garante a liberdade de elección, aínda que no se pode fablar desa liberdade cando existe desigualde xurídica entre o galego e o castelán, e o galego está situado a un nivel de inferioridade en todos os usos sociais. Desde o grupo do BNG enténdese que o decreto constitue unha agresión á dignidade da nosa cultura que haxa un goberno da Xunta que maltrata a despreza a lingua propia do noso país, segundo puxo de manifesto a concelleira Iolanda Veloso. A citada moción foi aprobada cos votos a favor dos gupos do Psde G e do BNG.
Consello Escolar
A orde do día abriuse, trala aprobación da acta o pleno anterior, cos puntos relativos a rectificacións e desestimacións relaciondas co inventario municipal que foron aprobadas por unanimidade. Mais a primeira discordancia por parte da oposición foi debida a resolucións e alegación presentadas polo grupo socialista sobre a aprobación definitiva do Regulamento do Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV) que acepta parcialmente a suxestión presentada pola Confederación Galega de Minusválidos, que fai referencia a un representante das asociacións de persoas con discapacidade, e as da Federación Olívica de Pais e Nais de Vigo, entanto que foron rexeitadas as enmendas presentadas pola Federación Veciñal Eduardo Chao e polo PP.
O resto dos puntos debatidos corresponderon a mocións unha das cales non se puido abordar pola indisposición que sufríu a concelleira encargada da súa exposición e defensa. A primeira moción que foi aprobada dentro da orde do día, presentada polo PsdeG, fai referencia a instar a Xunta de Galicia desde o pleno para que se continúe co modelo de gratuidade dos libros de texto no ensino obrigatorio, impulsado polo anterior goberno autonómico, así como se invistan para mellora e ampliación de centros escolares e sevizos educativos. Tamén se insta a que a Administraciòn de atención preferente os más necesitados na converxencia económica e social e se perente ante o Parlamento galego un documento base que sirva para un debate que conclúa nun gran Pacto pola Educación. A moción foi aprobada cos votos a favor do grupo do goberno, mentras que a oposición o fixo en contra.
A corporación recuperou a unanimidade ao aprobar a moción que reclama instar a continuación de contratación de revisión do inventario de bens e dereitos municipais, para darlle servizo ás necesidades dos cidadáns e dos distintos sevizos que conforman o Concello de Vigo. Por outra parte, foi rexeitada a que facía referencia ao restablecemento da presenza da policia local nas rúas que reclamaba a oposición, ao cal respostouse que non hai abondono e desde o goberno se está a taballar na renovaciòn de toda a flota da policia local da cidade.
Suba de impostos
De outro lado, unha das mocións presentadas polo PP houbo de incluir unha enmenda proposta polo PsdeG, que oa final foi aprobada. Trátase da relativa a suba de impostos por parte do Goberno da nación nos orzamentos para 2010, pero reclamando a Xunta que atenda as peticións da Federación de Municipios e Provincias para que as Comunidades Autónomas corran cos gastos de servizos sexan de competencia autonómica. Na exposición de motivos recórdase, entre outros aspectos, que a suba de impostos castiga o aforro e consumo, recaerá nas clases medias e traballadoras e tradúcese en menos diñeiro para os concellos.
Cos vatos a favor do PSdG-PSOe e BNG aprobouse unha enmenda de sustitución á moción número 13 presentada polo PP, que dí "que o gobenro local siga tomando as medidas oportunas para erradicar a venda ambulante irregular no Casco Vello". Acordouse por unanimidade a moción que fai referencia a alcanzar un pacto pola mobilidade con tódolos sectores involucrados que teña como finalidade un plan de tráfico consensuado para tódolos contronos humanizados.
Novo Hospital de Vigo
Por último, a Corporación debateu e aprobou, cos votos do goberno, unha moción de urxencia presentada polo BNG, en defensa do financiamento público do novo hospital de Vigo. Por medio desta moción reclámase á Xunta que retome o proxecto de construcición dun Hospital Público para Vigo nos termos que aparecen no plan de infraestructuras 2008/13 garantindo que o investimento se fará con fondos públicos utilizando os mecanismos que a lei de réxime financieiro orzamentario de Galiza pon a disposición da administración, incorporando o investimento preciso nas anualidades restantes do 2013 para manter o plazo de posta en marcha en 2013. Tamén instase á Xunta a garantir o mantemento do emprego público para o persoal do Sergas que presta o seu traballo nos centros hospitalarios públicos de Vigo en servizos que teñen previstos privatizar no novo hospital.