Escoitar

O alcalde visita as obras da nova Comisaría que estarán rematadas este verán na primeira fase

O alcalde visitou hoxe as obras da nova Comisaría da Policía Nacional de Vigo que estarán rematadas na primera fase para o próximo verán, aínda que o edificio ao completo será entregado no ano 2011. O investimento para todo o edificio ascende a 11 millóns de euros para un conxunto arquitectónico que vai a ocupar unha superficie de 14.000 metros cadrados.

venres, 22 xan 2010
1264167925comisaria1.jpg
Abel Caballero estivo acompañado na visita polo delegado do Goberno, Antón Louro; subdelegado do Goberno, Delfín Fernández; comisario xefe de Galicía, Luis García Maña; comisario xefe de Vigo, Guillermo Sánchez, e os encargados do proxecto e obras. Despois dun percorrido in situ, o arquitecto encargado da obra, Manuel Portolés asegurou que os traballos marchan a bo ritmo a pesar de que houbo problemas co imprevisto dunha gran pena que retrasou os traballos e motivou a utilización de voaduras controladas e morteiros expansivos, cando estaba previsto só o uso de taladros. Sen embargo a primeira fase do edificio da rúa López Mora -actual comisaria-, estará rematadas para o próximo verán.

Nas novas instalacións irá ubicada a chamada área de detencións, e dicir todo o relacionado con celdas, salas de interrogatorios, despachos de abogados e guardas, ademáis das dependencias da policía científica e xudicial.

As obras da segunda fase tambén van moi por encima do previsto, segundo o arquitecto, quen recordou que nelas estarán situados sótanos, brigadas, D.N.I. e pasaportes, entre outras dependencias. A fases 1 e 2 do edifcio estarán unidas por unha pasarela, mentras que a terceira parte do edificio corresponde as vellas instalacións do que foi o Hospital Militar, conxunto que só será renovado por dentro, donde tamén haberá sitio para Xefatura e salón de actos adaptado a diferentes convocatorias.

Pola súa banda, o delegado do Goberno, destacou o esforzo do Ministerio do Interior para renovar as infraestructuras destiñadas aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado en Galicia, plan no que entra a nova Comisaría de Vigo. Louro fixo fincapé en que o presuposto base de licitación ascendeu a 15 millóns de euros, pero ao final a execución dos traballos quedou adxudicado por un importe de 10,9 millóns de euros e un prazo de remate previsto para 2011.

O delegado do Goberno insistiu no incremento de persoal realizado nos derradeiros anos na demarcación de policial da comisaría de Vigo-Redondela, que cifrou nun 17% desde 2004, ano no que había 525 policías nacionais en activo, fronte aos 619 que prestan servizo na actualidade. Por outra banda, Louro lembrou asemesmo que a eficacia policial segue mellorando na cidade de Vigo, donde decreceron as faltas e delitos

As novas dependencias da Comisaría da Policía Nacional distribúense entre seis andares, dos baixo rasante e outras catro sobre o chan. En conxunto albergará as cinco brigadas operativas, comisaría do distrito de As Travesas, Secretaría Xeral e despacho do comisario xefe, así como outros servizos, entre os que están a galería de tiro, aulas de formación, salón de usos múltiples, ximnasio e aparcamento soterrado.

Policía Local
Despois de felicitar aos representantes do Ministerio do Interior, das Forzas de Seguridade do Estaos e da empresa constructora, o alcalde manifestou que xa quixera para a Policía Local unhas instalaciones parecidas as da nova comisaría, pois unha parte anexa da alcadía caíu antonte por la choiva, segundo derrubamento en poucos días no edificio do Concello. Neste senso fixo referencia a que é necesario poñer a andar o proxecto Moneo que inclúe un novo concello que teña asemesmo comisaría de policía local, corpo que necesita unha dotación de 500 membros, sobre os 358 que hai na actualidade, segundo o alcalde.
1264167925comisaria1.jpg
1264167976comisaria3.jpg
1264168017infocomisaria.jpg
Descargar todas as imaxes