Escoitar
Anuncio de Industria e Comercio

Convocatoria de subvencións para o pequeno e mediano comercio de Vigo

Bases reguladoras e convocatoria específica de subvencións para fomentar e coadxuvar ao mantemento de emprego no pequeno e mediano comercio de Vigo e a formación dos seus traballadores/as, nunha situación de crise económica e de especial afección nas ventas e consumo ocasionada con motivo das obras na cidade.

venres, 22 xan 2010
PRIMEIRA.- Situación determinada que é obxecto da subvención

É obxecto das presentes bases e convocatoria fomentar e coadxuvar ao mantemento de emprego no pequeno e mediano comercio de Vigo e a formación dos seus traballadores/as, nunha situación de crise económica e de especial afección nas ventas e consumo ocasionada con motivo das obras na cidade.
Estas axudas outorgaranse de acordo aos principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.
SEGUNDA.- Contía total, individual e crédito orzamentario

A contía da presente convocatoria ascende a un total de 1.200.000 €, os cales serán financiados cos seguintes criterios:

ANO 2009: partida orzamentaria 6220.4700000 "Subvención o pequeno comercio" → 600.000 euros

ANO 2010: partida orzamentaria 6220.4700000 "Subvención o pequeno comercio"→ 600.000 euros

Criterios de aplicación dos créditos desta convocatoria:

ANO 2009: ata un máximo de 2.800 euros por beneficiario durante o ano 2009.

ANO 2010: ata un máximo de 2.800 euros por beneficiario durante o ano 2010.

TERCEIRA.- Prazo de presentación das solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria realizarase en dúas fases:

1ª fase da convocatoria: para os beneficiarios de ata 2.800 euros no ano 2009. Vinte (20) días naturais a contar dende o día seguinte a publicación destas bases no BOP.

2ª fase da convocatoria: para os beneficiarios de ata 2.800 euros no ano 2010. Do 18 de xaneiro ó 6 de febreiro, ambos inclusive.

Os solicitantes das axudas consideradas nas presente bases presentarán as súas solicitudes a través do Rexistro Xeral Municipal ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992 do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común na súa redacción dada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro.

CUARTA.- Bases da convocatoria
Publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o mércores 4 de novembro de 2009, as bases se poderán consultar na páxina web do Concello de Vigo, www.hoxe.vigo.org, ou se poderán recoller as instancias na oficina de Información Xeral do Concello de Vigo.