Escoitar

39 empresas participan en actividades de Vigo Medio Natural

39 empresas están xa adheridas ao asesoramento personalizado en normativas e procesos de mellora ambiental que forma parte do Proxecto Vigo Medio Natural e que se desenvolve no periodo comprendido entre 2008-2010. O concelleiro de Emprego e Participación Cidadá, Santos Héctor Rodríguez, deu a coñecer hoxe as accións do citado plan que está orientado a fomentar a conservación,o respeto e difrute do medio ambiente para mellorar a empleabilidade de diferentes grupos de poboación, ademáis de formar e sensiblizar en sostenibilidade a colectivos, micropimes e pimes do municipio vigués.

xoves, 21 xan 2010
1264079413santoshector.jpg
O asesoramento é gratuito e constitue unha oportunidade na toma de conciencia da problemática ambiental, ofrecendo unha ferramenta de axuda para evaluar o seu estado, aplicar as medidas correctores, axustarse a normativa vixente e adoptar actitudes máis responsables e consecuentes cun desenvolvemento sostible. Das 34 empresas que se benefician deste proxecto a maior número está situado no eidos das artes gráficas, supermercado, restauración, oficinas e tintorerías, segundo os datos facilitados pola área de Emprego.

O concelleiro Santos Héctor destacou en primeiro lugar as accións que están encamiñadas a formación mixta nos casos de cursos de educador ambiental, traballador forestal, monitor en prácticas deportivas e espazos naturais, que xa se desenvolveron o ano pasado, mentras que para este ano están previstos outros catro máis, tres como os anteriormente citados e un sobre prevención de riscos laborais no sector agroforestal. En total, unha vez rematados serán 80 persoas de pequenas e medianas empresas que adquirirán coñecementos para súa aplicación nos empregos que desenvolven.

A campaña Vigo Medio Natural, outro dos capítulos de proxecto, tenta chegar a 5.000 persoas mediante a distribución de 5.000 manuais de boas práctica, dos que 1.000 xa se achegaron a representantes de distintos sectores empresariais. Específicamente están dirixidos a sectores como artes gráficas, comercio, construcción, estacións de servizo, xardinería, hostelería e restauración, panaderías, oficinas, perruquerías, supermercados, talleres de chapa e tintorerías.

Comunidades de montes
Por outra banda, vaise a distribuir a guía para adaptar as actividades de Vigo a normativa ambiental, un ambicioso plan que promove o fomento da sostenibilidade ambiental das actividades do sector empresarial no municipio de Vigo. A publicación servirá entre outros aspectos a información sobre lexislación en materia ambiental e sectores obxecto da adaptación. Asemesmo contrataráse como a anterior un estudo sobre novos perfís necesarios no sector ambiental de Vigo, pero con especial atención as necesidades das comunidades de montes. Un dos fins será que os profesionais sexan mulleres, persoas de máis de 45 anos, traballadores de baixa cualificación e profesionais procedente do sector ambiental.

Tamén está programada a creación dun Observatorio sobre Empleo e Medioambiente que sirva para fomentar o estudio do emprego no sector, ademáis de realizar análises de datos, pronósticos e elaboración de informes, entre outras actuacións que terán como destinatarios a 5.000 persoas. Santos Héctor anunciou que as actividades de Vigo Medio Natural pecharánse en 2010 cunha xornada sobre emprego e medioambiente que se desenvolverá no mes de outubro e estará aberta a 250 persoas.

Vigo Medio Natural enmarcáse no Programa Emplea Verde, iniciativa da Fundación Biodiversidad para a mellora do empleo e o medio ambiente. Neste senso creouse o proxecto Vigo Medio Natural, que foi presentado xunto a outros 13, dós que ao final só se elixiron 3, entre eles o do Concello de Vigo. Cun presuposto de 407.120 euros, dos que un 80% corresponden ao Fondo Social Europeo e o 20% corresponde ó Concello, Vigo Medio Natural coas súas actividades unha vez desenvolvidas servirá para reducir o impacto negativo durante os derradeiros anos sobre os montes periurbanos do municipio.
Descargar todas as imaxes