Escoitar

Abel Caballero inaugurou a primeira convención de empresarios galegos sobre o futuro despois da crise

O alcalde de Vigo foi o encargado de abrir a primeira Convención Atlántica de Empresarios Galegos, organizada por Summa Insurance, baixo o epígrafe "Saíndo do túnel: decisións clave para 2010-2015". Este foro debate a perspectiva dos empresarios locais a curto e medio prazo e o impacto das novidades lexislativas na economía galega, de cara á saída da crise.<br />

mércores, 20 xan 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este mércores a primeira Convención Atlántica de Empresarios Galegos, organizada por Summa Insurance, un foro de debate sobre as decisións empresariais para o curto e medio prazo na saída da crise e sobre o impacto que producirán na economía galega as novidades lexislativas.

Baixo o título "Saíndo do túnel: decisións clave para 2010-2015", esta xornada avanza e profundiza sobre os aspectos máis relevantes que rodean ao empresariado galego e que caracterizan a contorna do futuro inmediato logo da crise.

O obxectivo da convención é abrir un espazo de reflexión sobre o futuro do empresariado galego desde tres perspectivas diferentes: o futuro a curto e medio prazo do tecido empresarial galego, como cambiou as regras de xogo esta crise e as repercusións para o empresariado das novidades lexislativas que prevé o goberno.