O Concello reforza a loita contra o botellón
O Concello de Vigo afonda na súa loita contra o botellón e contra as consecuencias máis negativas do mesmo en determinados lugares da cidade ao aprobar a prohibición da venda de licores en establecementos de diferentes zonas a partir das dez horas da noite. O alcalde Abel Caballero foi rotundo ao sinalar que unha vez que entre en vigor a orde, os locais que expendan bebidas alcohólicas nos horarios prohibidos serán sancionados.
Caballero destacou que o botellón leva implícito ruidos, enfrentamentos e malestar entre a cidadanía, además das negativas consecuencias para a saúde dos mozos e mozas. Nese senso o alcalde indicou que desde o Concello se vai a traballar para reorientar o ocio da población nova mediante alternativas saudables, aínda que tamén se vai a chegar a acordos cos representantes da hostelaria local para que as medidas antialcohol en diferentes establecementos sexan o menos perxudiciais.