Xesus López salienta o protagonismo do pobo de Vigo no cartaz que será este ano imaxe da Festa da Reconquista
O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este martes a proposta gañadora, dotada con 800 euros, do concurso de cartaces da Reconquista do 2010 e que servirá de imaxe oficial á festa. Na presentación, na que tamén participou o presidente da Asociación Veciñal do Casco Vello, Henrique Macías, e dous dos autores, Xesus López presentou tamén os duos cartaces aos que se lle concederon os áccesits, dotados con 400 euros cada un.
"Trátase dun ano emblemático, ao celebrar o bicentenario da concesión a Vigo do título de cidade", salientou o concelleiro de Cultura. Explicou que o cartaz gañador, creado por Xosé Manuel Pena, leva por título "Reconquista da vila de Vigo" e está inspirado nunha famosa imaxe da II Guerra Mundial, pero trasladada no tempo e no espazo para dar protagonismo ao pobo de Vigo. Os dous cartaces aos que lles corresponderon aos accesits levan por título "Rachado" de David Rodríguez, e "Muller" de Raúl Cardoso.
O concelleiro de Cultura expresou os seus parabéns aos gañadores, así como a todos os participantes no concurso e á Asociación Veciñal do Casco Vello. Neste sentido, o presidente desta entidade, Henrique Macías, sinalou que precisamente este 2010 ten sido o ano con máis propostas recibidas para participar no concurso, cun total de 15.
Macías deu conta dos criterios valorados para elixir o cartaz gañador e os accésits. Indicou que se tivo en conta a referenza á concesión hai 200 anos do título de cidade a Vigo por parte do rei Fernando VII. Tamén indicou que se valorou a presenza da bandeira viguesa, como símbolo de todos os vigueses e viguesas, plasmada nos tres cartaces elixidos. "Dende o primeiro momento decatámonos da forza do cartaz gañador", subliñou.
Descargar todas as imaxes