martes, 19 xan 2010
Abel Caballero avanzou hoxe que o goberno local remitirá "nos próximos tres ou catro días" parte dos proxectos de Vigo para o novo Fondo Estatal de Investimento Local disposto polo goberno de España para 2010; en total 17,4 millóns de euros para trece novas humanizacións, zonas verdes e centros culturais e deportivos, con especial incidencia nas parroquias viguesas. Os procesos de contratación das obras poderían iniciarse o próximo mes.
martes, 19 xan 2010
O Concello de Vigo afonda na súa loita contra o botellón e contra as consecuencias máis negativas do mesmo en determinados lugares da cidade ao aprobar a prohibición da venda de licores en establecementos de diferentes zonas a partir das dez horas da noite. O alcalde Abel Caballero foi rotundo ao sinalar que unha vez que entre en vigor a orde, os locais que expendan bebidas alcohólicas nos horarios prohibidos serán sancionados.
martes, 19 xan 2010
O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este martes a proposta gañadora, dotada con 800 euros, do concurso de cartaces da Reconquista do 2010 e que servirá de imaxe oficial á festa. Na presentación, na que tamén participou o presidente da Asociación Veciñal do Casco Vello, Henrique Macías, e dous dos autores, Xesus López presentou tamén os duos cartaces aos que se lle concederon os áccesits, dotados con 400 euros cada un.
martes, 19 xan 2010
O programa de ocio xuvenil alternativo "Súbete ó Castro" programa novos cursos de formación para este ano 2010 de música e artes escénicas.A formación que se impartirá é de batería, guitarra, baixo, djembé, beatbox, teatro, danza oriental e breakdance.