O alcalde garante aos traballadores de Alfageme que a propiedade non quedará cos 26 millóns das indemnizacións
Tal e como acordaron nunha entrevista previa co alcalde, os traballadores de Alfageme recibiron este mércores o informe de Urbanismo sobre a situación da parcela, que cifra en 26 millóns de euros o custo das indemnizacións e do traslado da factoría. Caballero recordou que "unha parte deste diñeiro é dos traballadores" e o Concello non permitirá que ninguén se apropie desta cantidade, pois existen mecanismos xurídicos para evitalo.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, garantiu hoxe mércores en rolda de prensa aos traballadores de Alfageme que o Concello conta con mecanismos xurídicos para que a propiedade non quede cos 26 millóns de euros nos que Urbanismo estima as indemnizacións e o traslado da conserveira.
Así o indicou esta mañá o alcalde, despois dunha reunión na que o concelleiro de Urbanismo, José Mariño, entregou ao comité de empresa da factoría o informe solicitado polos propios traballadores sobre a situación do ámbito no que atópase a parcela, tal e como fora comprometido nunha entrevista anterior por Abel Caballero.
Segundo explicou o alcalde, o plan de viabilidade da parcela contempla un custo de 26 millóns para o traslado da empresa, a súa reubicación acorde aos traballadores, e asegurou que, de non facerse así, o Concello movería "pezas xurídicas" para que esa cantidade non reverta no propietario como plusvalía. Caballero recordou que, "en termos fácticos, unha parte deste diñeiro é dos traballadores afectados".
O rexedor informou de que é "practicamente inviable" revertir o ámbito para uso industrial, como solicitaban os traballadores, debido á xustificación suxeita a indemnizacións. A parcela, na situación urbanística na que a recolle o Plan Xeral, ten a calificación de solo non consolidado, o que implica que o Concello percibirá o 10% da mesma e ademais inclúe o 23% de vivenda de protección oficial sobre o total. Anteriormente, a parcela era consolidada, o que non obligaba á cesión do 10% do solo nin á construción de vivenda protexida. O alcalde estimou que o cambio a non consolidado dividiu "por dous" as plusvalías da propiedade.
Abel Caballero animou aos traballadores da empresa conserveira Alfageme, na reclamación dos seus dereitos, a que "sigan nesa dirección porque lles avala o dereito e a razón".