Medioambiente actuará sobre tres humedais para revalorizalos e dalos a coñecer á cidadanía
A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, anunciou este luns que o seu departamento realizará melloras nos humedais da Bouza, de Goberna-San Andrés e do Vao para revalorizalos e dalos a coñecer á cidadanía viguesa. Segundo indicou, en dous meses estará rematado o estudo dos humedais e iniciarase a divulgación dos mesmos mediante trípticos, carteis informativos e incluso barállase a posibilidade de habilitar un paseo para ser visitados.
A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, presentou hoxe luns unha iniciativa do seu departamento para revalorizar tres humedais da cidade mediante accións de conservación e divulgación dos mesmos.
A edil socialista explicou que está a elaborar un informe pormenorizado -que podería estar rematado en dous meses- para determinar nos humedais da Bouza, Goberna-San Andrés e do Vao o perímetro dos mesmos, analizar a flora e a fauna que neles habitan e o efecto do entorno urbano sobre os mesmos.
Segundo indicou Chus Lago, as accións de preservación, revalorización e divulgación concretaranse unha vez estea rematado o estudo, ainda que xa avanzou algunhas medidas, como a edición de trípticos informativos, a instalación de cartelería e a posibilidade de habilitar un paseo para facilitar as visitas da cidadanía. A opción das visitas dependerá do impacto que poida ter para a fauna dos humedais.
O humedal da Bouza con 6.000 metros cadrados é o máis pequeno dos tres e tamén o máis urbano. O de Goberna-San Andrés conta con 22.000 m2 de superficie e é zona de paso para as avez. Por último, o do Vao, con 40.000 metros cadrados é o maior e sirve como espazo de aniñamento da fauna.
Descargar todas as imaxes