Escoitar

Abel Caballero estima que nun mes coñecerase o proxecto de Thom Mayne para a nova estación de Urzáiz

O alcalde asegurou que entre "finais deste mes e comezos do seguinte" coñecerase o proxecto arquitectónico deseñado polo premio Pritzker Thom Mayne para a nova estación de Urzáiz que acollerá a Alta Velocidade. Caballero apuntou que a mediados do vindeiro ano podería comezar o derrubo da actual terminal ferroviaria para dar comezo ás obras da nova estación.

martes, 2 feb 2010
12651178931229608496PC180111.JPG
Anterior visita de Mayne a Vigo
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, estimou este martes que entre "finais deste mes e comezos do seguinte" poderase coñecer o proxecto que ultima o prestixioso arquitecto Thom Mayne para a nova estación de Urzáiz.

Así o indicou Caballero despois de dar conta da publicación no Boletín Oficial do Estado do anuncio de levantamento das actas previas para o proceso de ocupación dos terreos da estación de Urzáiz; uns 80.000 metros cadrados propiedade de ADIF, aos que sumaranse outros terreos colindantes que será necesario ocupar temporalmente para a construcción da nova terminal.

En rolda de prensa, o alcalde asegurou que o derribo da actual estación ferroviaria podería producirse a mediados do vindeiro ano 2011, unha vez estea rematada a construcción da estación de Guixar, xa en marcha.

O alcalde indicou que o premio Pritzker de arquitectura posiblemente visitará Vigo para dar a coñecer o seu proxecto para Urzáiz, ainda que non desbota a posibilidade de viaxar aos Estados Unidos para reunirse alí con Thom Mayne.
Descargar todas as imaxes