O alcalde salienta que a mellora de Toledo e Sagunto continúan "completando a humanización do Calvario"
Abel Caballero presidiu este mércores a inauguración das humanizacións das rúas Toledo e Sagunto, no Calvario; unhas melloras que empregaron a 35 persoas e sumaron un investimento de 1,4 millóns de euros. O alcalde apuntou, respecto ás humanizacións, que "imos continuar o proceso nos próximos meses".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este mércores que as recén reformadas Toledo e Sagunto continúan "completando a humanización do Calvario".
Así o afirmou ante os medios na inauguración das humanizacións de ambas rúas do Calvario, unhas melloras que deron emprego a 35 persoas (16 en Sagunto e 19 en Toledo) e sumaron un investimento conxunto cercano aos 1,4 millóns (700.000 euros na primeira e 650.000 na segunda das rúas).
Caballero resaltou as novas e amplas beirarrúas de granito, o "tráfico ben regulado", o verde e o arborado das novas rúas melloradas, con máis de medio centenar de árbores, xardineiras e uns 40 novos puntos de luz.
Sobre as humanizacións, o alcalde incidiu en que, desde o goberno local, "imos continuar o proceso nos próximos meses" e incluso apuntou, despois dunha viaxe a Madrid, que as de Vigo son "as humanizacións de máis calidade que estanse a facer en España".
Descargar todas as imaxes