Santi Domínguez afirma que Vigo recupera parte da súa historia coa inauguración da musealización de O Castro
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, afirmou este venres que a musealización do poboado castrexo de O Castro supón a recuperación e a posta en valor dunha parte da historia de Vigo. O proxecto inclúe, ademais da ampliación do espazo escavado, a reconstrución e ambientación de tres edificacións que ilustran o momento inicial da ocupación romana, o seu peche perimetral, a instalación de sinaléctica e pracas tiflográficas para facilitar a información ás persoas con discapacidades visuais e o reforzo da seguridade do recinto con cámaras de vixiancia.
"Confeso estar realmente impresionado", dixo o tenente de alcalde na presentación aos medios da recuperación do xacemento de O Castro, na que tamén participou o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, así como o equipo que participou no proxecto. Santi Domínguez subliñou que a musealización é froito do traballo "serio e rigoroso" dun equipo que se esforzou por cumprir o principal obxectivo do proxecto, que é a revalorización dos vestixios castrexos, así como a súa conservación e difusión. A musealización é froito de 8 meses de traballo e un investimento de máis dun millón de euros, que fixo posible que sexa o único xacemento galego no que hai una reconstrución e recreación ambiental daquela época.
Respecto á xestión do xacemento, ao igual que a vila romana de Toralla, o tenente de alcalde indicou que se plantexa como unha sala máis do museo Quiñones de León e como "parte da vertebración do Plan Museístico da cidade". Afirmou que dende hoxe o museo de Castrelos conta cunha sala máis, neste caso exterior, que complementa a súa valiosa oferta e que dependerá de área de Prehistoria e Arqueoloxía.
Os restos de O Castro poderanse visitar dende mañá, día da inauguración, en horario de mañá e tarde. En inverno estará aberto de 10 a 14 e de 16 a 18 horas e en verán de 10 a 13 e de 17 a 20 horas. A visita poderá ser libre ou guiada polo persoal que atende o xacemento. A visita guiada para grupos pódese concertar chamando ao teléfono 986 295 070, de luns a venres de 9 a 14 horas.
O tenente de alcalde anunciou que este espazo estará incorporado no Plan de Competitividade Turística, dado o seu atractivo non só para os vigueses e viguesas, senón tamén para os visitantes. "Vigo necesita crer máis en si mesma, porque ten unha potencialidade imparable", manifestou, polo que defendeu que ten que "servir para subir a nosa autoestima".
Santi Domínguez rematou facendo un "agradecemento expreso a todas as persoas que fixeron posible que hoxe poidamos presentar este xacemento". Lembrou tamén o labor da ex concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure "porque foi ela quen iniciou este proxecto" e finalmente fixo especial mención ao traballo desenvolvido polo seu sucesor nese departamento a Eudosio Álvarez.
A área escavada, da que na actualidade se poden ver máis de 20 restos de edificación, é unha pequena parte do castro que ocuparía boa parte do monte sobre o que se asenta. Segundo os datos dispoñibles, foi habitado entre o século I a.C. e o século III d.C., momento no que os habitantes comezaron a trasladarse a un novo poboamento que xurde á beira do mar. Idea da extensión orixinal do asentamento a dá a cartelería instalada fóra do recinto pechado, entre a que destacan as siluetas dos castrexos.
Descargar todas as imaxes