A Casa das Mulleres acolle a exposición Feminismo galego
"Feminismo galego, cambios e dereitos das mulleres", é o nome da exposición que se pode ver ata o 5 de marzo na Casa das Mulleres de Vigo, unha mostra accesible e didáctica aberta a diferentes públicos que mediante materiais diversos afonda nos cambios sociais e dereitos da muller desde os tempos da Revolución francesa ata o nosos días, pero con especial atención aos feitos relacionados co feminismo na sociedade galega. <br />
Organizada pola Fundación Galiza Sempre, a exposición recolle reproduccións de textos, publicacións, noticias e documentación gráfica que serve para impulsar na sociedade galega a reflexión sobre os avances e cambios sociais promovidos por entidades e organizacións defensora da igualdade de dereitos das mulleres, segundo resaltan as promotoras da mostra.
Os paneis e expositores que ofrecen todo o material sobre o feminismo galego están organizados de forma cronolóxica en doce apartados que comezan nas precursoras e rematan nos novos tempos, novos recursos para a loita feminista. Polo medio atópanse, entre outras etapas da loita feminista, o sufraxismo, a II República española e a proclamación do sufraxio universal, as mulleres na Constitución de 1931, o golpe de estado e a guerra civil, a ditadura franquista, as primeiras organizacións de mulleres no franquismo, as agrupación galegas de mulleres dos anos 70 e 80, o divorcio, a violencia de xénero e a loita pola igualdade de oportunidades.
As personas que visiten a exposición dispoñen no lugar da exposición dun xornal que se distribue gratuitamente e resume todos os contidos da mostra e material gráfico sobre o movemento feminista en Galicia procedente de xornais e publicacións diversas.
O guión e os traballos de investigación e documentación correron a cargo de Isabel Rodríguez Mate, baixo a dirección de Xabier Macías, quen dispuxo de fondos documentais de diferentes particulares, museos, colectivos cultarais e organizacións oficiais. Despois de inagurarse o 20 de outubro en Santiago, Feminismo galego, cambios e dereitos das mulleres percorreu diferentes pobacións galegas ata chegar a Vigo donde estará en cartel ata o 5 marzo, en horario de luns a venres de 17.30 a 21.30 horas.