A mostra solidaria "Vicus x Haití" reúne obras cedidas por 150 artistas para recadar fondos para o país caribeño
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Cultura, Xesus López, presentaron a exposición "Vicus x Haití", que dende o 13 de febreiro ao 7 de marzo reunirá obras de 150 artistas na Casa das Artes baixo a coordinación de Mingos Teixeira. A recadación da venda das obras de arte, que se poderán adqurir ao 50% do seu prezo, destinarase á axuda de nenos e nenas do país caribeño a través de Unicef.
"Vigo ten que seguir demostrando unha cualidade que sempre tivemos, como é a solidariedade", asegurou o tenente de alcalde. Destacou que o terremoto do pasado 12 de xaneiro viu afondar na situación dun país empobrecido, polo que manifestou que os que temos "o privilexio de ter cubertas ás necesidades temos que valorar a nosa posición e non mirar para outro lado". Ao seu xuízo, no primeiro mundo somos "culpables de que exista pobreza no mundo e de que morran 200.000 persoas porque as súas vivendas son infravivendas".
O tenente de alcalde agradeceu á participación dos artistas, porque "dan o máis valioso que teñen", como son as súas obras. Engadíu que a súa solidariedade permitirá ver unha exposición tan extensa, integrada por obras de 150 artistas no mesmo espazo. Expresou tamén o seu agradecemento a Mingos Teixeira, xa que "non só aporta o seu traballo para organizar a mostra, senón tamén a súa obra". Finalmente, animou á cidadanía a participar e amosar a súa solidariedade. Santi Domínguez anunciou que adquirirá a primeira das obras aportadas á exposición, que é precisamente de Mingos Teixeira.
O concelleiro de Cultura salientou que despois dos efectos devastadores que o terremoto produxo en Haití "temos a obriga de axudar". Indicou que as cifras son frías, con máis de 200.000 persoas mortas, polo que ao seu xuízo, "calquera axuda sempre quedará curta" para a súa recuperación. Fixo un chamamento aos vigueses e viguesas "para que expresen o seu apoio" participando na iniciativa e agradeceu a Mingos Teixeira o seu traballo para levala a cabo.
Mingos Teixeira, pola súa banda, afirmou que a traxedia "merece un gran esforzo" e e destacou a "maxistral resposta do Concello de Vigo", ao facer desprazar a programación da Casa das Artes para acoller a mostra. Salientou asemade a "marabillosa resposta" dos artistas para participar no proxecto, "incluso algúns quedaron fóra da mostra", apuntou, polo que agradeceu a solidariedade "tanto dos que están como dos que non".
A mostra estará integrada por obras de distintos formatos, dende a pintura, cunha obra de Quesada; a escultura, presente mediante unha obra de Silverio Rivas, ou, a fotografía, a través dunha imaxe de Xurxo Lobato. Mingos Teixeira comentou asemade que a exposición tamén contará con obras de artistas falecidos, cedidas polas súas familias.
Descargar todas as imaxes