Xunta de Goberno Local
O alcalde estima que "a finais de setembro" entrará en vigor a prohibición do botellón no Berbés
luns, 13 xul 2009A Xunta de Goberno Local aprobou inicialmente hoxe luns a declaración de zona protexida do entorno do Berbés, que inicia así a súa tramitación administrativa para estar en vigor aproximadamente "a finais de setembro". O Berbés será a segunda zona libre do chamado botellón, despois da protección de Loriga que "está a funcionar francamente ben", salientou Abel Caballero.
As cerimonias matrimonias do Concello poderán contar cunha agrupación musical do Conservatorio
mércores, 8 xul 2009A Xunta de Goberno Local aprobou un acordo co Conservatorio Profesional de Música de Vigo sobre a posibilidade de contar nas cerimonias matrimonias que se realizan por parte do Concello cos servizos de cuartetos de corda —dous violíns, viola e violoncello—, de clarinetes, ou de dúos de corda, compostos por dous violíns, violín e viola ou violín e violoncello, cuxo prezo para os contraintes sería de 30 € por participante na agrupación musical.<br /> <br /> <br />
O Goberno Local aproba o programa de reforzo da Policía Local para e tempada estival
martes, 7 xul 2009A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe , nunha sesión extraordinaria e urxente, o programa de reforzo da Policía Local para o ano 2009, de carácter voluntario, e co fin de atender os servizos ordinarios e os propios da época estival.
O alcalde salienta que "continuamos a humanización do rural" coa construción de beirarrúas por valor de 650.000 euros
luns, 15 xuñ 2009Abel Caballero informou hoxe luns da aprobación por parte da Xunta de Goberno Local da contratación de obras de construción de beirarrúas en Castrelos, Saiáns, Santa Marina e A Madroa por valor de 644.500 euros con cargo aos orzamentos de 2008.
Os restos arqueolóxicos do Areal reducen o tamaño do aparcadoiro, que iniciará as obras en outono
luns, 15 xuñ 2009A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe luns a modificación do trazado do aparcadoiro do Areal, que por mor dos vestixios arqueolóxicos atopados reducirá o seu tamaño das 556 prazas iniciais ás 345 definitivas. O alcalde estimou que "a comezos de outono" poderán comezar as obras e o final da construcción apenas variará e será a inicios de 2011.