Escoitar

Xunta de Goberno Local

Orde do día:

xoves, 26 nov 2009
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 27 DE NOVEMBRO DE 2009.


1.- Acta da sesión ordinaria do 9 e extraordinarias e urxentes do 13 de novembro de 2009.

ATENCIÓN CIDADÁ
2.- Proxecto de convenio coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais para coadxuvar ao financiamento dos gastos de xestión e organización de actividades pola agrupación no ano 2009. Expte. 4173/320.

3.- Proxecto de convenio coa Asociación Veciñal Pontenova-Freixeiro para coadxuvar ao financiamento dos gastos de mantemento da asociación no ano 2009. Expte. 4348/320.

4.- Proxecto de convenio coa Asociación Veciñal Nosa Terra de Alcabre para de coadxuvar ao financiamento dos gastos de mantemento da Asociación no ano 2009. Expte. 4350/320.

5.- Proxecto de convenio coas entidades sindicais UGT, CCOO, e CIG para coadxuvar ao financiamento dos gastos de xestión e organización das actividades previstas para o ano 2009. Expte. 4354/320.


BENESTAR SOCIAL
6.- Prestación do Servizo de Axuda no Fogar: alta expte. 3/1284, 23/2502, 2/1985.

CEMITERIOS
7.- Indemnización substitutiva por importe de 73.339,90 € a favor de Servicios Auxiliares de Mantenimiento y Limpieza S.L. "SAMYL" polos servizos de mantemento dos cemiterios municipais. Expte. 8701/255.

CONTRATACIÓN
8.- Información sobre apertura e posta en funcionamento das zonas complementarias de explotación comercial do auditorio. Expte. 605/410.

CULTURA
9.- Plan de Seguridade e saúde da obra "Proxecto de retirada e substitución do axente extintor NAF-SIII dos arquivos Casa Galega da Cultura de Vigo". Expte. 11863/331.

DEPORTES
10.- Proxecto de convenio de colaboración coa Federación Galega de Tenis pola organización do "VIII Torneo Internacional Cidade de Vigo 2009 e o LXVIII Cto. De Vigo de Tenis". Expte. 8843/333.


IGUALDADE
11.- Proxecto de convenio de colaboración coa Asociación Mulheres Nacionalistas Galegas para o desenvolvemento de actividades a prol da igualdade. Expte. 4023/224.

PATRIMONIO
12.- Aboamento de cotas de comunidade de garaxes propiedade do Concello na rúa Anduriña nº 21. Expte. 18767/240.

13.- Aboamento de cotas de comunidade do inmoble propiedade do Concello na Rúa República Argentina nº 12-14. Expte. 18780/240.

14.- Aboamento de cotas de comunidade do baixo propiedade do Concello na rúa Eugenio Kraff nº 28. Expte. 18788/240.

PATRIMONIO HISTÓRICO
15.- Proposta de autorización de préstamo á "La Casa Encendida" da obra "Cosa" de José María de Labra para exposición temporal. Expte. 3578/337.

16.- Proposta para facultar ao tenente de alcalde á sinatura para a adquisición dos inmobles sitos na rúa Abeleira Menéndez nº 8, 10 e 12, así como o inmoble situado na rúa alta nº 18, esquina Chao.

RECURSOS HUMANOS
17.- Execución de sentenza do Xulgado do Social nº 1 de Vigo, sobre despido de Dª Paula Cremades Paz e Montserrat Soto Sío. Expte. 19456/320.

18.- Domingos, festivos e nocturnidade do persoal dos distintos servizos municipais correspondentes ao mes de outubro de 2009. Expte. 19430/220.

SERVIZOS XERAIS
19.- Adxudicación definitiva da contratación das obras de ampliación do saneamento da parroquia de Coruxo. Expte. 54/440.

XUVENTUDE
20.- Proxecto de convenio de colaboración coa Asociación de Pais e Amigos de Nenos con Parálise Cerebral "Hoy por mañana" para o ano 2009. Expte. 2594/336.

21.- Resolución da convocatoria da Concellería de Xuventude de subvencións para o fomento de actividades xuvenís 2009. Expte. 2502/336.


22.- Rogos e preguntas.



DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 27 de novembro de 2009, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; ao titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, ao titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros dos grupos políticos municipais do PSdG-PSOE e BNG. Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.
Vigo, 26 de novembro de 2009.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Isaura Abelairas Rodríguez.