Escoitar

Carlos Font clausurou unha xornada de traballo sobre responsabilidade no transporte marítimo actual

O concelleiro de Xestión Municipal e Persoal, Carlos L. Font, foi o encargado de pechar a xornada de traballo e análise da responsabilidade no transporte marítimo e terrestre organizada por Marsh, Anesco e Garrigues. Profesionais do sector abordaron esta mañá os riscos do transporte por mar na actualidade, un negocio de alta perigosidade amenazado polas condicións metereolóxicas, os accidentes ocasionados polo home e a piratería principalmente.

xoves, 26 nov 2009
O concelleiro de Xestión Municipal e Persoal, Carlos L. Font, foi o encargado de clausurar este xoves unha xornada de traballo que abordou e analizou a responsabilidade no transporte marítimo e terrestre.

O evento tivo lugar durante a mañá deste xoves, organizado por Marsh, Anesco e Garrigues, e abordou mediante relatorios e coloquios a responsabilidade dos distintos eslabóns que conforman a cadena de transportes marítimos, un negocio de alto risco onde os accidentes son habituais.

As malas condicións metereolóxicas, os accidentes ocasionados polo home ou a piratería representan algúns dos principais perigos que presenta o mar actualmente, o que dificulta e incrementa os riscos nas actividades marítimas.