Escoitar

O alcalde garantiu o "apoio incondicional do Concello" á Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos

Abel Caballero entrevistouse coa dirección da Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos este mércores, 25 de novembro, dia mundial contra a violencia de xénero. O alcalde vigués eloxiou o "traballo excepcional" desta asociación, "moi arraigada na cidade". Segundo informou Caballero, a Rede solicitoulle ampliar as horas e o número de cursos de autodefensa como os que imparte a Policía Local para as mulleres vítimas de violencia machista.

mércores, 25 nov 2009
1259157324redemulleres.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, garantiu este mércores o "apoio incondicional do Concello" á Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos, nunha reunión que celebrouse no día mundial contra a violencia de xénero.

Segundo informou o rexedor vigués, a dirección da Rede solicitou do Concello ampliar o número de horas e de cursos de autodefensa que imparte a Policía Local de Vigo ás mulleres vítimas de violencia machista. A través do Equipo de Vixilancia e Apoio Policial (EVAP), axentes de Policía formaron este ano a 12 mulleres neste campo.

Abel Caballero eloxiou o "traballo excepcional" no apoio ás mulleres dunha asociación "moi arraigada na cidade", que "está a ter un efecto moi importante" en Vigo. Por iso, afirmou, o Concello de Vigo opera coa entidade e nomeouna Viguesa Distinguida fai dous anos.
Descargar todas as imaxes