Os concellos asinaron un convenio coa Dirección Xeral de Tráfico para mellorar a seguridade vial
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este martes no Comité Executivo da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), no que rubricouse un convenio coa Dirección Xeral de Tráfico para mellorar a participación dos concellos nas políticas de seguridade viaria. Segundo explicou o alcalde, o acordo premitirá elaborar unha ordenanza tipo sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridad viaria.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este martes no Comité Executivo da FEMP que rubricou un convenio coa Dirección Xeral de Tráfico para que os concellos melloren a súa participación nas políticas de seguridade viaria.
O acordo foi rubricado pola secretaria xeral da Federación, Isaura Leal, e o director xeral de Tráfico, Pere Navarro, esta mañá e complementa, no ámbito específico da seguridade viaria, o convenio marco de colaboración entre a FEMP e o Ministerio do Interior. O convenio servirá, entre outras cousas, para comezar a traballar conxuntamente na elaboración dunha Ordenanza Tipo sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria que sirva de referencia aos municipios, segundo explicou Abel Caballero.
Descargar todas as imaxes