Escoitar

O tenente de alcalde afirma que as actuacións do Are More na rúa contribúen a dinamizar as zonas comerciais da cidade

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asegurou este martes que as actuación programadas na rúa polo festival Are More tamén constitúen un elemento dinamizador das zonas comerciais da cidade. Así afirmouno durante á actuación que a Ensamble Are More 2009 realizou no mercado do Progreso, á que tamén asistíu o concelleiro de Cultura, Xesus López.

martes, 24 nov 2009
1259070995aremorenarua.jpg
A programación na rúa do festival Are More continúa toda a semana. Así, as seguintes actuacións previstas serán mañá, 25 de novembro, no mercado de Teis ás 12 horas; o xoves 26 de novembro, no Centro Comercial Camelias ás 12 horas, e o venres 27 de novembro ás 12 horas no centro comercial Praza Elíptica, e ás 18 horas na pranta segunda de El Corte Inglés.

Por outra banda, a organización anuncia que se suspende a actuación prevista para o xoves 26 de novembro ás 18 horas na segunda pranta de El Corte Inglés, de xeito que neste establecemento comercial se mantén unicamente o concerto programado para o venres 27 de novembro ás 18 horas.

Descargar todas as imaxes