O tenente de alcalde presenta o Voluntariado Turístico, dirixido á persoas maiores, para mellorar a acollida aos visitantes
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este luns o proxecto de Voluntariado Turístico de Vigo, unha das primeiras actuacións que se poñen en marcha no marco do Plan de Competitividade Turística de Vigo. Segundo afirmou o nacionalista, esta iniciativa pretende "mellorar a acollida dos visitantes contando coas persoas maiores", dotándoas de formación sobre os atractivos turísticos da cidade e nocións básicas de inglés, francés e alemán.
O tenente de alcalde salientou que a posta en marcha deste novidoso servizo foi aprobada na primeira xuntanza celebrada pola comisión do Plan de Competitividade Turística, na que están representadas as tres administracións (Goberno do Estado, Xunta e Concello), co fin de complementar a rede de información turística xa existente. Santi Domínguez explicou o vigueses e viguesas "non vendemos a cidade como se merece e que a veces nos costa dicir que temos unha cidade fantástica", por iso iniciativas como esta van dirixidas a que sexa a propia cidadanía a que "venda" a súa cidade.
No desenvolvemento do voluntariado turístico terán un papel fundamental as persoas maiores, e neste sentido, Santi Domínguez indicou que xa se estableceu contacto coas asociacións relacionadas con este colectivo para contar coa súa participación. A elas, e a calquera persoa que estea interesada en participar na iniciativa, vai dirixido un plan de formación. Este plan está integrado por un apartado de idiomas, en concreto inglés, francés e alemán, no que aos participantes se lles ensinarán cuestións básicas de atención aos viaxeiros, como nocións de pronunciación, saúdos e benvida e vocabulario para establecer unha comunicación básica. Ademais desta formación en idiomas desenvolverase outro apartado dirixido a dar a coñecer aos propios voluntarios os lugares de interese turístico de Vigo e a historia da cidade.
Santi Domínguez apuntou que tras o periodo de formación, os voluntarios e voluntarias realizarán prácticas "antes de dar o paso na súa constitución en axentes turísticos". Este grupo, que se agarda que nun primeiro momento chegue ás 50 persoas, desenvolverá a súa actividade nos momentos de maior afluenza turística, como pode ser nas épocas de vacacións, na época de cruceiros, así como durante os eventos máis importantes da cidade. "Estes voluntarios son dinamizadores do turismo que se moverán polos lugares nos que xa sabemos que se moven os turistas, para facilitarlles información sobre as súas demandas cando chegan á cidade", explicou.
Segundo o tenente de alcalde, é importante a integración de todos os elementos destacables da cidade, e do mesmo xeito que a Fundación Vigo Convention Bureau conta coas entidades privadas da cidade, o servizo de voluntariado turístico supón un paso máis para que a cidadanía se involucre. Ao respecto, asegurou que esta iniciativa permite cumprir un dos obxectivos transversais da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social, que consiste en facilitar que as persoas maiores da cidade teñan "lugares de encontro e lugares para desenvolver as súas aptitudes dun xeito gratificante para elas e tamén para a cidade".
Descargar todas as imaxes