A perda do prestixio social do profesorado centrou o pleno xuvenil
O Concello de Vigo, a través da súa Concellería de Benestar Social, e concretamente dende a área de infancia e familia, celebrou hoxe venres e por décimo ano consecutivo, o Pleno xuvenil co obxectivo de garantir a participación efectiva dos máis xoves na vida do municipio, como cidadáns de pleno dereito. A cuestión que abordaron no pleno foi a perda do prestixio social do profesorado, a súa falta de autoridade e a súa relación coa falta de normas e límites dos xoves.
A iniciativa do Pleno Infantil/xuvenil representa un compromiso do Concello de Vigo para garantir un dos dereitos fundamentais de todos os menores de 18 anos, o dereito á participación infantil. A Convención sobre os Dereitos do Neno, ratificada por España en 1990 expoñe no seu artígo 12º que "El niño tiene derecho a expresar su opinión y a que ésta se tenga en cuenta en todos los asuntos que le afecten". De este xeito, o Pleno xuvenil que se celebrará o vindeiro venres 20 de novembro en Vigo é un primeiro paso para traballar na garantía dese dereito na cidade. É importante que eles se sintan implicados nos temas que lles preocupan e que, os adultos que toman as decisións, teñan en conta as opinións ou propostas dos directamente implicados.
Outro dos obxectivos, é fomentar a sensibilización social sobre os dereitos, necesidades e intereses da infancia e a adolescencia e impulsar os dereitos e protección da infancia e a adolescencia nos medios de comunicación e novas tecnoloxías.
En total foron 90 os mozos e mozas de catro centros educativos de Vigo, -IES Álvaro Cunqueiro; Colexio Alborada, colexio Monterrey e colexio Maristas os que participaron nesta iniciativa. Os integrantes desta xove corporación municipal cursan 4º da ESO. Cada centro estivo representado por 7 concelleiros ou concelleiras. A Concelleira de Benestar Social presidiu a sesión plenaria .
A cuestión que centrou o pleno foi a perda do prestixio social do profesorado, a súa falta de autoridade e a súa relación coa falta de normas e límites dos xoves. A través deste eixo temático, os participantes abordaron dende diferentes puntos de vista dita cuestión e tratarán de aportar ideas, propostas, reflexións en torno á mesma, ideas que poidan axudar a entender e solucionar os problemas que trae aparellados, e como estes problemas de convivencia non só se evidencian na escola, sino tamén noutros espazos como a rúa, os parques, as estradas e incluso os fogares. A temática foi traballada previamente en clase por profesores, alumnos e alumnas.
Descargar todas as imaxes