xoves, 19 novembro 2009

O concelleiro de Urbanismo asegura que o 42% da execución do PXOM para catro anos está xa en marcha en 12 meses

José Mariño avaliou hoxe xoves o desenvolvemento do Plan Xeral, un documento que prevé a execución de 12 millóns de metros cadrados nos primeiros catro anos, e dos que, no primeiro ano en vigor, Urbanismo xa ten iniciado 5,5 millóns de metros, o 42%. O concelleiro indicou tamén que o solo iniciado contempla 600.000 metros reservados para zona verde, o que significa 120 alamedas do tamaño dun campo de fútbol.

Abel Caballero avoga polo liderado político decidido para loitar contra o cambio climático

xoves, 19 nov 2009

O alcalde de Vigo e Presidente da Rede Española de Cidades polo Clima da FEMP afirmou hoxe xoves que a loita contra o cambio climático require de solucións técnicas e de financiamento, pero sobre todo do compromiso ineludible dos líderes políticos de primeiro nivel. Ante o próximo cume de Copenhague sinalou que todos esperamos que "os feitos adquiran número e que as políticas pasen das intencións ás realidades".

O tenente de alcalde salienta o labor que desenvolve Alborada na prevención das drogodependencias

xoves, 19 nov 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, visitaron este xoves as instalacións da asociación Alborada, co obxectivo de coñecer de primeira man o seu traballo cotiá e afondar na colaboración que esta entidade mantén co Concello de Vigo. Esta visita enmárcase na rolda de contactos que o tenente de alcalde están levando a cabo coas distintas entidades sociais da cidade.<br />

O alcalde felicita aos dous policías locais condecorados por arriscar as súas vidas

xoves, 19 nov 2009

Abel Caballero recibiu este xoves a Juan Miguel Covelo e a Enrique Toucedo, os dous axentes da Policía Local propostos polo Concello para ser distinguidos coa medalla ao Mérito Policial e unha placa respectivamente, impostas onte pola Xunta de Galicia nun acto no que estiveron presentes o concelleiro de Seguridade, Xulio Calviño, e o xefe da Policía Local, Carmelo del Castillo, quen obtivo un recoñecemento ao superintendente.

El concejal de Urbanismo asegura que el 42% de la ejecución del PXOM para cuatro años está ya en marcha en 12 meses

xoves, 19 nov 2009

José Mariño evaluó hoy jueves el desarrollo del Plan General, un documento que prevé la ejecución de 12 millones de metros cuadrados en los primeros cuatro años, y de los que, en el primero año en vigor, Urbanismo ya ha iniciado 5,5 millones de metros, el 42%. El concejal indicó también que el suelo iniciado contempla 600.000 metros reservados para zona verde, lo que significa 120 alamedas del tamaño de un campo de fútbol.

Abel Caballero aboga por el liderado político decidido para luchar contra el cambio climático

xoves, 19 nov 2009

El alcalde de Vigo y Presidente de la Red Española de Ciudades por el Clima de la FEMP afirmó hoy jueves que la lucha contra el cambio climático requiere de soluciones técnicas y de financiación, pero sobre todo del compromiso ineludible de los líderes políticos de primer nivel. Ante la próxima cumbre de Copenhague señaló que todos esperamos que "los hechos adquieran número y que las políticas pasen de las intenciones a las realidades".

El alcalde felicita a los dos policías locales condecorados por arriesgar sus vidas

xoves, 19 nov 2009

Abel Caballero recibió este jueves a Juan Miguel Covelo y la Enrique Toucedo, los dos agentes de la Policía Local propuestos por el Ayuntamiento para ser distinguidos con la medalla al Mérito Policial y una placa respectivamente, impuestas ayer por la Xunta de Galicia en un acto en el que estuvieron presentes el concejal de Seguridad, Julio Calviño, y el jefe de la Policía Local, Carmelo de él Castillo, quien obtuvo un reconocimiento al superintendente.

Santi Domínguez inaugura Ferrería e San Sebastián, rúas esenciais na recuperación da parte alta do Casco Vello

xoves, 19 nov 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou este xoves a reforma das rúas Ferrería e San Sebastián, así como Subida a Costa, unha actuación fundamental na rehabilitación da parte alta do Casco Vello que contou cun investimento de 703.000 euros. No acto, no que participaron diversos integrantes da corporación municipal e das entidades veciñais e de comerciantes do barrio, o tenente de alcalde afirmou que o traballo realizado tamén incluíu a recuperación do "noso patrimonio", coa posta en valor do Banco dos Contos.