Escoitar

Nova sesión do programa "Proxecto 6x6" no Verbum

Dentro do programa "Proxecto 6x6" celebrase o xoves día 19 unha nova sesión co título "A palabra imaxe" con Toni Salgado, Fran Peleteiro e Xosel ás 20.30 horas con entrada gratuíta para todos os asistentes. A sesión celebrarase na entrada do ascensor, baixo e 1º andar do Verbum<br /> <br />

mércores, 18 nov 2009
12585500316x6cartel.jpg
6x6 Punto de encontro é unha proposta interdisciplinar de artistas emerxentes no eido das artes do movemento, do teatro, da plástica... Tendo como eixo común a palabra.

6x6 Punto de encontro son 6 espectáculos de 3 creadores para diferentes espazos da Casa das Palabras. A palabra como nexo, como punto de encontro, entre os creadores que se atopan por primeira vez para realizar un espectáculo.

Sinopse da sesión do xoves 19 de novembro "a imaxe quebrou A Casa das Palabras. A verba volve a ser descuberta no Verbum, a nova casa duns novos bechos: os casulos. Para que serve a palabra nun mundo cheo de imaxes?"
Descargar todas as imaxes