Escoitar

Abel Caballero anuncia que a nova terminal do aeroporto licitarase nos primeiros meses de 2010

O alcalde reuníuse hoxe mércores co director do Aeroporto de Vigo, Antonio García Pierre, para pasar revisión á situación actual e futura das rutas e das infraestruturas en marcha. Caballero concluiu que "a transformación do aeroporto leva bo ritmo" e adiantou que o proxecto técnico do arquitecto César Portela para a nova terminal está xa no Ministerio de Fomento e entre febreiro e abril de 2010 poderá ser licitada. <br />

mércores, 18 nov 2009
1258552797directoraeropuerto.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este mércores que o proxecto técnico da nova terminal de Peinador está xa no Ministerio de Fomento e poderá ser licitada entre febreiro e abril de 2010.

O alcalde pasou revisión hoxe ao estado do aeroporto vigués xunto co director do mesmo, Antonio García Pierre, e concluiu que "a transformación do aeroporto leva bo ritmo". O arquitecto César Portela xa remitiu o proxecto de terminal ao Ministerio, que está a avaliar as propostas técnicas para incorporar ao mesmo, e dar paso así á súa licitación a comezos do vindeiro ano. A nova terminal triplicará a capacidade do actual Aeroporto de Vigo.

Xunto á nova terminal, Abel Caballero referiuse tamén ao novo aparcamento en construcción, asegurando que en decembro comezará a desmontaxe da estrutura provisional e entrará en funcionamento unha parte da nova instalación. A construcción do aparcamento "vai sen ningún retraso" e na primaveira de 2011 estará rematado.

Sobre as rotondas de acceso, o alcalde indicou que a nova que distribúe o tráfico a Peinador e ao IFEVI está a punto de finalizar, e recordou que o compromiso do goberno local foi que estivese operativa para a celebración da Feria Mundial da Pesca, en setembro deste ano, como así sucedeu. Por outra banda, Abel Caballero tamén adiantou que acometerase a construcción da rotonda provisional de Redondela, que servirá de acceso ao aeroporto durante unha fase da construcción do aparcamento.

Rutas
Tanto o alcalde como o director do aeroporto valoraron a consistencia das actuais rutas que ofrece Vigo, sobre todo Madrid, Barcelona e París, que "funciona ben". A expectativa do vó a Bruselas é tamén positiva, pois podería actuar como enlace cos países do norte de Europa e cubrir así as relacións económicas de Vigo nesta zona.

Abel Caballero e Antonio García Pierre comparten a necesidade de manter a conexión viguesa con Londres, un vó que ten presenza en Vigo durante a tempada de verán.
Descargar todas as imaxes