O alcalde propón adquirir a "Gota de Leite" e ofrece locais para escola infantil e centro de promoción de emprego
Abel Caballero propuxo hoxe martes á Xunta de Galicia a compra do edificio da "Gota de Leite", para abrir "mañá" un albergue provisional e acoller definitivamente a Xefatura da Policía Local. Ademais, o alcalde ofrece de balde locais en Asefal para o centro de promoción do emprego e outra sede para a escola infantil, usos proxectados pola Xunta para o Fogar San Paio. A proposta foi remitida por carta ao presidente da Xunta de Galicia.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ofertou hoxe martes á Xunta de Galicia comprar o edificio da "Gota de Leite" para ubicar provisionalmente o albergue e definitivamente a Xefatura da Policía Local. Ademais, o rexedor ofrece de balde locais para escola infantil e para centro de promoción do emprego, os usos proxectados polo goberno autonómico para o edificio.
Así llo remitiu o alcalde hoxe por carta ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, co obxectivo de resolver dous dos principais problemas en Vigo -a necesidade dun centro de inclusión social e unha nova sede para a Policía Local- e dar solucións ás propostas autonómicas para o edificio -escola infantil e centro de promoción de emprego-.
A finalidade do Concello, tal e como sinalou o alcalde, é establecer á Xefauta de Policía nun sitio "digno e acorde ao seu traballo", polo que quere adquirir o Fogar San Paio, abrilo "mañá" provisionalmente como albergue -o definitivo iría nun edificio municipal do Berbés a reformar, a antiga Escola de Hostelería- para despois ser a sede definitiva da Policía Local.
O alcalde realiza esta oferta de compra despois de que a Xunta rexeitara permutar a Gota de Leite polo edificio da antiga Escola de Hostelería do Berbés, previa compensación económica polos distintos valores dos inmobles, e decidira instalar no edificio próximo ao Concello unha escola infantil e un centro de promoción económica e emprego.
Abel Caballero tamén mostrouse partidario de buscar ubicacións para a gardería e o centro de emprego proxectados pola Xunta de Galicia, e para "dar solucións a todo" propón un local municipal céntrico para a escola infantil e a antiga Asefal para o centro de promoción económica, de balde.