O Museo do Mar edita unha guía que percorre a xeografía e o bioclima do recinto e do seu entorno
O director do Museo do Mar de Galicia, Pablo Carrera, presentou hoxe en rolda de prensa A guía do Museo do Mar de Galicia, que ademáis de facer un percorrido virtual por todo o recinto de Alcabre, contextualiza dunha forma única a historia da cidade e da ría de Vigo, e explica, dende unha perspectiva xeográfica e bioclimática, toda a costa do seu entorno dende as Illas Cíes ata a Illa de San Simón.Con máis de sesenta fotografías e debuxos, ilústrase todo o que integra o recinto de Alcabre, dende a exposición permanente ata o faro e o acuario.
Na guía explícase a orixe e a historia do Museo, dende o proxecto inicial de Aldo Rossi e a continuación de Cesar Portela. Ilustrado con máis de sesenta fotografías e debuxos, o libro narra cómo foi creada toda a parte expositiva deste recinto de Alcabre e todas as pezas que o compoñen, dende o edificio ata a exposición permanente, sen esquecer o xardín, o peirao, a praza, o castro da punta do muíño, o faro ou o acuario. Ademáis, tamén se engade a nova incorporación do Centro Arqueolóxico do Arenal - Salinae, que coa súa apertura enriquece considerablemente a oferta museística da cidade.
Vigo e o seu entorno
A pesca ten un papel importante nas páxinas desta guía, xa que gran parte da exposición permanente está dedicada a esta arte. Ó longo de 120 páxinas, a nova publicación enumera e nomea tódalas bahías, praias, illas, penínsulas, rochas ou faros que se poden atopar na costa viguesa. Tamén fai referencia ás diferentes aves e especies marinas que conviven n ría, xa que moitas delas pódense ver no mesmo acuario do Museo.
A guía, que ten un prezo de cinco euros, aparece en formato A5 –para facela máis manexbale- e ten unha gran calidade de impresión, o que a converte nunha obra única da cultura e a xeografía viguesa. Nas primeiras edicións publicarase en galego, aínda que está previsto que nun futuro se edite tamén en castelán e en inglés, e, sen dúbida, axudará a todos os lectores a comprender a longa vinculación do pobo vigués co mar.
Descargar todas as imaxes