"Neuras", de Maria Xosé Queizán, abre a actividade teatral da nova compañía Ónfalo
O alcalde, Abel Caballero, a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, e os diretores e reparto da obra presentaron este martes "Neuras", a comedia da escritora viguesa María Xosé Queizán, unha obra coa que a compañía teatral de nova creación Ónfalo inicia a súa andadura. O mércores comezan as representacións en Cangas para despois xirar por Galicia, cunha parada en Vigo. <br />
A comedia da escritora viguesa María Xosé Queizán, "Neuras", abrirá mañá mércores en Cangas a actividade teatral dunha nova compañía, Ónfalo, para despois continuar as representacións por toda Galicia, unha xira na que tamén pararán en Vigo.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, e o concelleiro de Cultura de Cangas, Xosé Manuel Pazos, acompañaron hoxe martes á direción e ao elenco da compañía na presentación oficial de "Neuras", na que tamén estivo presente a propia María Xosé Queizán.
É a primeira vez que lévase ao teatro un escrito da viguesa, segundo indicou ou director da obra, Afonso Becerra, unha comedia "fresca e divertida" que ten o "éxito" garantido tanto pola calidade do texto como pola dos seus intérpretes, segundo indicaron os distintos responsables políticos.
A concelleira de Igualdade definiu a Queizán como un "referente do feminismo" dentro e fóra de Galicia, comprometida coas mulleres e con Galicia. O alcalde, pola súa banda, asegurou que contar coa escritora viguesa e "garantía de éxito" e salientou que a nova compañía "é moito máis que unha aventura teatral, é unha peza máis da cultura galega".
Descargar todas as imaxes