Escoitar

O alcalde subliñou o bo funcionamento dos servizos de emerxencias, que atenderon 175 incidencias "menores" polo temporal<br />

Abel Caballero fixo balance este luns do temporal que asolou especialmente as Rías Baixas durante o pasado domingo pola mañá, e que deixou na cidade un saldo de 175 incidencias con "danos menores" atendidas pola Policía, os Bombeiros e Protección Civil, e 230 contedores de basura erguidos polo dispositivo municipal de Limpeza. "Os dispositivos funcionan", asegurou o alcalde, quen tamén indicou que o temporal foi "inferior" ao anunciado.

luns, 16 nov 2009
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, valorou positivamente o funcionamento dos servizos de emerxencia, que atenderon 175 incidencias "menores" acontecidas na mañá de onte domingo, causadas polo temporal de chuvia e vento.

O alcalde salientou que "os dispositivos funcionan" e precisou que a Policía atendeu un total de 55 saídas, os Bombeiros outras 55 e Protección Civil acudiu a 65 incidencias; en total, 175 actuacións de "danos menores" dos servizos de emerxencia na mañá do domingo. Abel Caballero detallou asemade que os 17 operarios que formaron o retén do departamento de Limpeza erguiron un total de 230 contedores de basura que foron tirados polos fortes ventos.

O rexedor vigués felicitou e agradeceu o traballo dos dispositivos de emerxencias, con especial mención á Protección Civil de Pontevedra. Pese ao total de incidencias atendidas, Caballero indicou que a forza do temporal foi "inferior" á anunciada, e retrasouse a súa chegada, prevista para a medianoite do sábado ao domingo.