Xabier Alonso di que a primeira Media Maratón de Vigo, que terá lugar o 22 de novembro, "nace para continuar"
O concelleiro de Deportes, asegurou este luns que a Media Maratón Ibercaja Cidade de Vigo, que celebrará o vindeiro domingo 22 de novembro a súa primeira edición, "nace para continuar". A proba comezará ás 11 horas e tanto a saída como a chegada serán no Náutico, "cun percorrido para correr rápido e facer marcas", salientou o edil.
"Esta proba vén a cubrir un oco no calendario deportivo vigués, xa que completa a media maratón Vigo-Baiona, que se celebra na primaveira", explicou o concelleiro de Deportes na presentación da carreira, na que tamén participaron por parte da organización Omar Lorenzo, o director de Ibercaja Vigo, Daniel Fernández e a representante de Begano, María Troncoso.
Dende a organización, Omar Lorenzo sinalou que a Media Maratón conta xa con 300 participantes inscritos, aínda que esperan chegar aos 500. Agradeceu o apoio dos patrocinadores e indicou que se pode a acceder a toda a información sobre a proba na web www.mediamaratonvigo.com.
Descargar todas as imaxes