O Are More programa un curso de iniciación á música para maiores de 55 anos os días 28 e 29 de novembro
Na súa faceta de formación de públicos, o festival Are More programa un curso de iniciación á música, que terá lugar no Conservatorio Superior de Música de Vigo os días 28 e 29 de novembro. As inscricións poden facerse a través do servizo 010 ou no teléfono 986 810 260 ata cubrir as 60 prazas dispoñibles.
O curso, impartido pola pianista e profesora da Universidade de Salamanca Beatriz Montes, está destinado a todos os afeccionados e afeccionadas á música, con ou sen coñecementos musicais, de máis de 55 anos. Aquelas persoas que sen ter esta idade estean interesadas en inscribirse no curso pasarán a unha lista de reserva, de xeito que de non curbrirse todas as prazas serían chamadas para poder participar.
O día 28 o curso comezará ás 10 da mañá cun relatorio sobre as orixes da notacion musical. Ás 11.45 horas abordarase un segundo aspecto da notación musical, neste caso sobre a escritura convencional. Os relatorios da tarde estarán adicados ás formas musicais: ás 15.30 horas falarase das orixes á sonata e ás 17 horas tratarase o concerto e a sinfonía.
O 29 de novembro estará adicado á historia dos estilos musicais; así, ás 10 horas comezará o relatorio sobre barroco e clasicismo e o que comezará ás 11.45 horas centrarase do romanticismo á actualidade. Ás 18 horas terá lugar un concerto de piano a cargo da profesora Beatriz Montes, que interpretará obras de Brahms, Haydn, Schubert e Berg.
Descargar todas as imaxes