Escoitar

O alcalde afirma que o Concello creou e ampliou 50 parques infantís nos dous últimos anos en Vigo

Abel Caballero visitou este venres o novo parque infantil de Mestre Montes, na Travesía de Vigo, con 60.000 euros de investimento para o acondicionamento dunha "zona moi degradada" que conta agora con xogos múltiples, vallado, un espazo para maiores e campo de baloncesto e fútbol sala. O alcalde asegurou que o goberno local remodelou e ampliou 21 parques infantís e creou outros 29 en pouco máis de dous anos.

venres, 13 nov 2009
1258118538parque1.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este xoves que o Concello reformou, ampliou e construiu un total de 50 parques infantís en pouco máis de dous anos de goberno -polos 14 dos catro anos anteriores- e anunciou que continuará de cara aos próximos anos.

O alcalde indicou que estas dotacións son "unha gran prioridade para este goberno" e detallou que, na segunda metade do 2007 e no 2008, o Concello reformou e ampliou 10 parques infantís e creou 9 novos. Ademais, no que levados de 2009, son xa 11 os remodelados e ampliados e 20 novos máis que están xa en funcionamento ou en construción neste momento.

Así o asegurou Caballero nunha visita ao novo parque infantil Mestre Montes, acompañado pola concelleira de Parques e Xardíns, Raquel Díaz, entre outros edís, que supón o acondicionamento dunha "zona moi degradada" da Travesía de Vigo; 60.000 euros de investimento municipal para a instalacións de xogos múltiples para nenos, vallado e bancos, un espazo para maiores, e un campo de fútbol sala e baloncesto. Esta dotación significa para o alcalde a "mostra de que para este goberno non hai fronteiras e todo ten que estar atendido coa mesma calidade".

O alcalde recordou que a Travesía de Vigo é "unha das grandes olvidadas" e avanzou que o Concello habilitará na zona máis parques e un aparcamento para residentes, que será presentado próximamente. Caballero recordou o inicio "inmediato" dos traballos de humanización da primeira fase da Travesía, á que seguirán as dúas restantes.

Plan municipal de escolas infantís
Abel Caballero aproveitou a visita para anunciar a elaboración dun plan municipal para dotar de escolas infantís á cidade de Vigo nos próximos dous anos, xa que na actualidade conta con catro de titularidade municipal e outras catro autonómica.

O alcalde non precisou detalles do plan pero asegurou que pedirá ao conselleiro competencia a transferencia ao Concello das competencias e financiamento das catro garderías de titularidade autonómica en Vigo.

Este plan, unido á "potenciación" da educación primaria e secundaria que está a desempeñar o Concello de Vigo, segundo sinalou Caballero, procura o obxectivo xeral de facer de Vigo a "cidade dos nenos".
1258118538parque1.JPG
1258118545parque2.JPG
Descargar todas as imaxes