Escoitar

"A Historia de Galicia" no Verbum

A través das divertidas personaxes de Pepe Carreiro faise un percorrido polos principais feitos da historia de Galicia nunha exposición didáctica principalmente dirixida ao público máis xuvenil e buscando un achegamento destes ao noso pasado. A exposición poderase visitar do 12 de novembro ao 31 de xaneiro de 2010 no Verbum.

xoves, 12 nov 2009
1258031818hostoriadegalicia.jpg
Un panel por cada época e a explicación da sucesión dos feitos a través dun pequeno texto acompañado das ilustracións farán que os máis cativos poidan obter unha visión do concorrer da nosa
comunidade dunha forma lúdica e entretida. Así esta exposición non pretende tanto facer fincapé nos nomes dos persoeiros de cada época se non dar unha visión da vida e o traballo das mulleres e homes que non aparecen nos libros pero que en boa medida marcaron o peso da historia.

Tras unha breve presentación, cada rapaz recibirá unha ficha didáctica que o irá guiando a través dos distintos paneis e que o axudarán a reforzar os contidos aprendidos. Rematada a visita cada un dos participantes será agasallado cun exemplar da Historia de Galicia de Pepe Carreiro.

Información e reservas: 986 240 130
Temporización 45 min
Actividade Gratuíta
Descargar todas as imaxes