Escoitar
Mobilidade e Seguiridade

Peche da rúa Simón Bolivar e a rúa Extremadura

venres, 13 nov 2009
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de humanización, a realizar pola empresa Xestión Ambiental de Contratas, estará pechada a rua Simón Bolívar, treito entre Bolivia e Venezuela, excepto saída do parquing, dende o mércores 18 de novembro de 2009 ás 10.00 horas e por un período aproximado de catro meses.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de humanización, a realizar pola
empresa Xestión Ambiental de Contratas, estará pechada ao tráfico a rúa Extremadura, treito entre Jenaro de la Fuente e Urzáiz, con acceso exclusivo para garaxes, dende o mércores 18 de novembro de 2009 ás 10.00 horas e por un período aproximado de dous meses.
O acceso ao entorno do Mercado de Calvario será pola rúa Cataluña.
Asemade, mentres duren as obras, establécese sentido único na rúa Cataluña, entre Jenaro de la
Fuente e Urzáiz, cara a rúa Urzáiz
Solicítase a máxima colaboración cidadá.