O Concello investirá 231.000 euros na contratación de 18 vítimas de violencia de xénero durante un ano
O alcalde, Abel Caballero, informou este luns do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local, que aprobou aceptar unha subvención de 231.000 euros solicitada á Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia para a contratación de 15 ordenanzas ou peóns e 3 administrativas, persoas paradas e vítimas de violencia de xénero. Ademáis, o alcalde informou da adxudicación das obras de construción de beirarrúas en Macal (Castrelos) e Baixada á Praia (Saiáns) por valor de 262.000 euros. <br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe luns da contratación de 18 persoas vítimas de violencia de xénero durante un ano, por medio dun programa de cooperación do Concello e a Xunta de Galicia, cun investimento de 231.000 euros.
Segundo indicou Caballero, a Xunta de Goberno Local aprobou hoxe luns aceptar a subvención solicitada á Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia por valor de 231.000 euros para a contratación durante 12 meses de 18 persoas paradas e vítimas de violencia de xénero. Quince das contratadas ocuparán o cargo de ordenanzas ou peóns do Concello e as outras tres serán administrativas.
Beirarrúas no rural
A Xunta de Goberno Local, tal e como explicou o alcalde, adxudicou tamén a construcción de beirarrúas en Macal -en Castrelos- e na Baixada á Praia -en Saiáns- por un valor conxunto de 262.000 euros, e un prazo de execución de dous meses.
As novas beirarrúas para Macal é "unha vella demanda" da veciñanza da zona, sinalou Abel Caballero, que levará un investimento de 114.000 euros e empregará a un total de nove persoas. A Baixada a Praia, pola súa banda, suma 148.000 euros de orzamento e dará traballo a 12 persoas.
O alcalde asegurou que con estas adxudicacións de novas beirarrúas no rural "seguimos co proceso de humanización" de espazos "fóra do casco urbano".