Escoitar

Abel Caballero garante aos comerciantes das Travesas o apoio municipal á festa de Aninovo

O alcalde de Vigo entrevistouse este martes cos responsables de AETRAVI, a Asociación de Empresarios e Comerciantes das Travesas, para garantir o apoio económico do Concello á festa de Aninovo que veñen organizando tradicionalmente na Praza de América. Ademais, Caballero transmitiulles que, na zona, o goberno local ampliará o parque infantil da Praza da Independencia e construirá un novo na praza de Galegos Ilustres. <br />

martes, 17 nov 2009
1258466541visitatraviesas.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, garantiu hoxe martes aos comerciantes das Travesas o apoio económico preciso para celebrar a tradicional festa de Aninovo na Praza de América.

Así o asegurou o rexedor vigués nunha entrevista que mantivo este martes cos responsables de AETRAVI, a Asociación de Empresarios e Comerciantes das Travesas, unha reunión na que anuncioulles asemade que o Concello prevé ampliar o parque infantil da Praza da Independencia e proxecta ademais construir un novo na Praza de Galegos Ilustres.
Descargar todas as imaxes