Escoitar

A concelleira de Normalización Lingüística expresa o seu apoio á nai discriminada por querer vivir en Galiza

A concelleira de Normalización Lingüística e Igualdade, Iolanda Veloso, expresou este mércores o apoio do Concello de Vigo á nai viguesa á que o xulgado de Alcorcón (Madrid) amezada con retirarlle a custodia das súas fillas menores se se traslada a vivir Vigo, porque as súas fillas terían unha parte da súa educación en galego. A edil do BNG critica asemade que un xuíz argumente en contra deste traslado que en Galiza o ensino é en galego e que esta non é unha lingua útil cando as nenas están xa integradas.

mércores, 18 nov 2009
1258551101camapannon.jpg
Iolanda Veloso indica que, debido a súa situación persoal, esta nai é usuaria do Centro de Información á Muller que depende da Concellería de Igualdade polo que tanto este departamento como a Concellería de Normalización Lingüística lles prestarán todo o apoio que precise ante esta situación, tal e como veñen facendo ata agora.
Descargar todas as imaxes