A nova campaña contra a violencia de xénero diríxese a mocidade, sector no que medran os casos de maltrato
A campaña que a Concellería de Igualdade ven de poñer en marcha co gallo da Día Internacional contra a Violencia de Xénero, do vindeiro 25 de novembro, está dirixida aos escolares de ESO e Bacherelato. Segundo explicou a concelleira, Iolanda Veloso, quíxose centrar no sector da poboación moza porque estase detectando un incremento moi importante de casos de violencia de xénero entre a xuventude.
A campaña baixo o lema "NON é NON. Eu teño a chave" pretende que a mocidade reflexione sobre as relacións amorosas e de amizade que manteñen xa que un importante número de rapazas son vítimas dunha violencia encuberta que coarta a súa liberdade. A nacionalista explicou que, segundo os datos do Ministerio de Igualdad, o 29,3 por cento das mulleres que chaman ao teléfono 016 de atención ás vítimas son menores de 30 anos e durante o pasado ano máis dun 29 por cento das que contaban con orde de protección estaban nese segmento de idade. De 2003 a 2008, 121 mulleres menores de 30 anos perderon a vida a mans das súas parellas e ex parellas. Así mesmo, case un 18 por cento dos mozos menores de 30 anos cren que o home agresivo é máis atractivo, fronte a un 4,5 das mulleres menores de 30 que estaban dacordo con esa afirmación.
"Cada vez hai maior contestación social contra a violencia de xénero e é menos consentida por toda a sociedade, pero segue existindo e por iso hai que serguir facendo campañas de concienciación", sinalou. A concelleira considera moi necesario facer un esforzo para achegar este tipo de campañas á xente moza, para que non asuman como normais, situacións de violencia ou abusivas que non o son. A este respecto fixo referenza ao lema da campaña. "Unha moza ten que facer entender que cando di NON é NON, e un rapaz debe asumir que cando lle din NON é NON e deben sempre respectalo", explicou.
Ademáis do NON destaca tamén na campaña o fecho "porque todas as persoas deben aceptar e respetar que as mulleres teñan a chave das súas decisións". O lei motiv é un fecho aberto, porque "Ti tes a chave".
A campaña está dirixida ás alumnas e alumnos de 4º curso de ESO e de Bacheralato, de idades comprendidas entre os 15 e os 18 anos. Iolanda Veloso sinalou que consiste nunha documentación (folla informativa e carpeta) que está a ser enviada aos centros educativos da cidade, xunto cunha carta na que se solicita a implicación da comunidade educativa nesta iniciativa. Repartiránse máis de 8.000 carpetas e outras tantas follas informativas. Así mesmo, a campaña tamén está presente en mupis instalados
en diversos puntos da cidade.
Esta nova iniciativa supón a continuación da campaña anterior "Cóntao", dirixida a aumentar o coñecemento do deber e o dereito cidadán de denunciar os casos de Violencia contra as Mulleres. Se nesa ocasión, buscábase un compromiso da cidadanía, a través desta nova iniciativa quérese implicar tamén a nais e pais, e educadoras e educadores na tarefa de rematar coas actitudes baseadas no dominio e na sumisión e que representan as primeiras manifestacións da Violencia de Xénero.