Actuación de Tender Forever e Emilio José na programación Sinsal
Continua a programación do Festival SINSAL-7 coa actuación de Tender Forever e Emilio José o xoves, día 19, no museo Marco, ás 20:30 horas e con entrada de 10 euros.
Baixo o nome Tender Forever agóchase Melanie Valera, unha rapaza francesa afincada en Portland que reivindica a sinxeleza tras a sorpresa dos seus dous primeiros discos. Tenrura si, pero desafiante, sen renunciar a letras vivas, profundamente confesionais, "decidín que o meu tiña que ser un proxecto en solitario xa que é demasiado persoal". Animada a lanzarse á música polo seu productor, Calvin Johnson (Beat Happening), Melanie Valera só temía ao directo. 400 concertos máis tarde, a súa sensibilidade lo-fi enriquécese con actuacións cheas de histrionismo, móvese a gusto e sen prexuízos entre o folk e o electro-pop. Cun ukelele, un portátil ou a Wii, Tender Forever enche o escenario transcendendo os discos, demostrando que o pop tamén pode ser unha experiencia límite, as actuacións de Melanie non te deixan intacto. Atrévese a versionear a Justin Timberlake e récoñecese fan de Beyoncé sen deixar de estar nalgures entre Feist e Catpower. "Nacín o ano do punk", adoita dicir, e nótase.
EMILIO JOSÉ
Despois de sorprender á prensa especializada dende Apeiron e o seu Todo sigue intacto, Emilio José lánzase en solitario co disco más estremeiro, heterodoxo e radical do ano en Galicia. Chorando apréndese é unha sucesión dislocada de temas encabalgados que van dende a Bossa ao Hip Hop entre samplers que dan conta da realidade galega recente, sen escatimar críticas ácidas á clase política. Emilio José vén dende as pozas de Melón a trastocar o panorama musical do país, "sangrando de felicidade" agardamos por el.
Descargar todas as imaxes