Galiexpo Motor Show inaugúrase o venres cunha exposición de coches americanos entre as novidades
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asegurou hoxe que a quinta edición do Salón Galiexpo Motor Show, que se inaugura o venres no Ifevi, ofrecerá o mellor espectáculo do motor que se pode contemplar nestes momentos. O concelleiro salientou que a diferenza doutros salóns como os de Barcelona ou Madrid, que caeron do calendario, o de Vigo foi quen de non só manteres, senon tamén mellorar, a pesar da situación de crise económica.
Santi Domínguez indicou que precisamente tendo en conta a crise quíxose que este ano a entrada ao salón non superara os 5 euros. "Queremos que a cidadanía aproveite a posibilidade de gozar dun gran espectáculo deportivo durante toda a fin de semana", sinalou.
Na presentación do certamen o tenente de alcalde que estivo acompañado pola delegada territorial da Xunta, Lucía Molares, os organizadores Joaquín Portabales e Ricardo Goñi, así como o xerente do Ifevi, Arsenio Prieto, e o piloto Andrés Osares, que aos seus 14 anos é o piloto máis xoven aos mandos dun coche da potencia do que se empregan no drift. Aínda que forma parte do equipo internacional drift, non pode competir pola súa idade, polo que ofrecerá unha demostración do que é quen de facer.
O salón ofrece nesta edición unha gran variedade de novedades como a exposición de coches americanos, na que se poderán atopar modelos lexendarios como un Pontiac Trans Am ou un Cádillac el Dorado descapotable. No apartado de tunning, segundo explicou Joaquín Portabales, presentarase por primeira ver nunha exposición oito "pezas de museo" que despois se trasladarán a un museo de Málaga. Cada un destes coches está valorado en 600.000 euros. Potabales fixo tamén referencia aos espectáculos deportivos que se poderán contemplar ao longo de toda a fin de semana, como o encontro Club Harley Davidson Galicia Chapter ou as exhibicións de coches drift e extreme stunt motos.
Pola súa parte a delegada da Xunta, Lucía Molares, fixo fincapé en que este salón é xa un referente en Galicia e o norte de Portugal. Asemade amosou a necesidade de que as administracións apoien este tipo de iniciativas, especialmente en tempos de crise como os que estamos atravesando.
Descargar todas as imaxes