Escoitar

A Casa das Artes acolle a mostra "Mulleres" do Arquivo Pacheco

A exposición "Mulleres", composta por 94 imaxes de distintos formatos nas que se mostran representacións plurais das mulleres que hai nos fondos do Arquivo Pacheco, poderase visitar do 19 de novembro ó 10 de xaneiro de 2010 na Casa das Artes. <br />

xoves, 19 nov 2009
12586381303971.JPG
A exposición MULLERES consta dun conxunto de 94 fotografías de formatos entre o 24x30 e o 50x70. O período histórico que abranxe é, grosso modo, entre o ano 1910 e o 1960. A súa temática é
exclusivamente feminina, fornecendo unha representación da muller ao longo de dito período visto polo ollos dos Pacheco.

A exposición abala entre as representacións das mulleres no interior(estudo fotografico, salóns, centros de actividade falanxista ou campañas relixiosas do Domund) e o exterior, onde se poden contemplar as actividades da muller na súa proxección social: xogadoras de hoquei, mulleres con aparencia campesiña que se dirixen, probabelmente, á venda dos seus produtos a un mercado da cidade,
peixeiras, traballadoras de empresas de estampación relacionadas coa industria conserveira ou operarias de fábricas de engarrafado de botellas.

Esa diferenza entre o interno e o externo tentouse conservar na mostra. O espazo expositivo articulouse de tal maneira que se configurase un centro, que, funcionando como un ágora, dese acollida ás fotografías correspondentes ao exterior e, tamén, algunhas de interiores. En torno a este espazo sitúanse uns subespazos que tentan simular un conxunto de salóns que acollen as fotografías de estudio.

As divisións, estruturadas con madeira e cortinados pretos apresentan, no seu interior unha especie de estrutura teatral que, metaforicamente, designan o traballo "entre bambalinas", "tras dos
bastidores" que acompañan o encenamento proprio dunha galería fotográfica.

A exposición inaugurarase o xoves, día 19 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa das Artes. Contará coa presenza do concelleiro de Cultura, Xesus López Carreira e de Muller, Yolanda Veloso. A apresentación do acto de inauguración correrá a cargo de Amada Traba, profesora da Universidade de Vigo, e Natalia Poncela, redactora-xefa da revista "Art Notes", responsábeis da redacción dos textos (un de carácter sociolóxico, o outro de pendor fotográfico) do libro que acompañará a
exposición.
12586381303971.JPG
12586381465626.JPG
125863816425916.JPG
125863817952097.jpg
Descargar todas as imaxes