Escoitar

O alcalde e o Ministro de Exteriores de Islandia pasan revisións ás relacións pesqueiras entre ambos territorios

Abel Caballero entrevistouse este venres co Ministro de Asuntos Exteriores de Islandia, Össur Skarphéoinsson, o dia despois de reunirse co seu homólogo español, Miguel Ángel Moratinos, e coa Ministra de Medioambiente, Rural e Marino, Elena Espinosa. Alcalde e Ministro abordaron posibles melloras nas relacións económicas e comerciais entre Vigo e Islandia, con especial fincapé na pesca.

venres, 20 nov 2009
1258725501ministroislandia.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este venres unha entrevista co Ministro de Asuntos Exteriores de Islandia, Össur Skarphéoinsson, co obxectivo de estreitar relacións comerciais e económicas entre amobs territorios, principalmente no ámbito pesqueiro.

A reunión co alcalde vigués da continuidade ás celebradas onte en Madrid cos Ministros de Asuntos Exteriores e de Medio Ambiente, Rural e Marino do Goberno de España, Miguel Ángel Moratinos e Elena Espinosa, respectivamente.

O obxecto desta entrevista, que serviu ao tempo como visita institucional, pasou por abordar as posibilidades de mellora nas relacións entre Vigo e Islandia, atendendo especialmente á pesca.
Descargar todas as imaxes