Educación promove o programa "CREA" de creación artística
A concelleira de Educación, Laura López Atrio, ven de presentar o programa educativo do Concello de Vigo para a promoción da creatividade na escola, co nome de CREA! O programa "CREA!" vai dirixido a toda a comunidade escolar da nosa cidade, concretamente, ó alumnado que desexe participar e pertenza ao ciclo de Primaria ou Secundaria dalgún dos colexios públicos ou privado-concertados.
Os obxectivos principais que se perseguen coa realización deste programa son os seguintes:
Incentivar a creación artística en todos os ámbitos entre os nenos/as de Vigo.
Fomentar a relación entre centros escolares no ámbito artístico.
Valorar a importancia da creatividade como medio de interrelación co entorno.
Achegar o mundo da imaxinación e a creatividade á comunidade escolar da nosa cidade.
Encher o valeiro existente na nosa cidade respecto a Certames e Certames artísticos infantís.
O programa "CREA!" é continuidade didáctica do Programa "ARTE NA AULA" e articúlase en torno a tres Concursos principalmente:
CERTAME DE ARTE POSTAL.
CERTAME DE ARTE INFANTIL.
CERTAME DE BANDA DESEÑADA.
Estes tres certames organizaránse de modo coherente para conseguir cumprir os obxetivos didácticos prefixados. A pesar de que nun principio se entenda estes tres certames de xeito independente, terán un similar modo de organización e confluirán nunha exposición final conxunta.
O obxectivo principal deste programa é o de fomentar a creatividade, a actividade creadora, entre os nenos/as da nosa cidade, e aínda que cecáis nun primeiro intre pareza que un concurso non sexa o mellor medio, xa que pode levar a pensar que fomenta máis ben a competividade. Pero nada máis lonxe da realidade. O que se pretende e ser un incentivo para que os nenos/as se poñan en marcha e den renda solta á sua imaxinación cos seus traballos como respostas creadoras logo das ensinanzas recibidas no seu propio centro mediante a Mostra Itinerante, visitas guiadas e unidades didácticas que Arte na Aula desenvolve o longo do curso escolar. En definitiva ven a ser unha especie de culminación e plasmación do aprehendido mediante a posta en práctica do feito creativo dende a escola.
Descargar todas as imaxes