O alcalde asegura que a aportación do Concello para a construcción da depuradora é "extraordinariamente xenerosa"<br />
Abel Caballero explicou hoxe venres a proposta municipal para o financiamento da nova depuradora, na que o Concello pagaría 8,8 millóns de euros, unha cantidade que atende ás competencias municipais de pago dos terreos. Segundo sinalou, a Xunta pide que o Concello pague 10 millóns de euros máis, asumindo parte das obrigas do goberno autonómico. "Vigo esixe que se lle trate exactamente igual que ao resto de concellos de Galicia", aseverou, que como máximo pagaron polos terreos.<br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe venres da proposta municipal "extraordinariamente xenerosa" para o financiamento da construcción da nova depuradora, que contempla o pago de 8,8 millóns de euros en concepto de cesión dos terreos.
O rexedor recordou que esta opción responde ao cumprimento das competencias municipais, en relación directa coa aportación do resto das principais cidades galegas nas súas depuradoras. Segundo indicou Caballero, a aportación dos outros concellos galegos limitouse -no mellor dos casos- á cesión dos terreos para a súa construcción, o mesmo que propón o municipio olívico. "Vigo esixe que se lle trate exactamente igual que ao resto de concellos de Galicia" polo que a proposta de Vigo responde a este criterio competencial, afirmou.
Tal e como explicou o alcalde, o Concello de Vigo pagaría 5,5 millóns de euros polos novos terreos necesarios para a construcción da EDAR máis 3,3 dos actuais que serían tamén precisos. Os novos terreos teñen un custo real de 10,2 millóns de euros, pero a Unión Europea financiaría o 47% dos mesmos, tal e como solicitará o Goberno de España por ser un proxecto "elixible", afirmou o rexedor vigués.
Abel Caballero asegurou que o espazo que ocupa a actual depuradora quedará liberado e pasará a ser dominio marítimo terrestre -competencia autonómica, por tanto-, polo que podería reclamar á Xunta de Galicia o reembolso dos 3,3 millóns de euros do seu custo, algo ao que renuncia Vigo en aras da "cooperación e a lealdade". Desta renuncia despréndese a xenerosidade da proposta municipal, comentada polo alcalde vigués.
Esta proposta do Concello de Vigo foi presentada ao anterior e ao actual goberno da Xunta de Galicia, e o executivo autonómico actual propón que o Concello debe pagar 10 millóns de euros máis. A Xunta de Galicia asegura que a aportación da Unión Europea na compra dos novos terreos debe recibila o goberno autonómico e non o municipal, e propón que o Concello asuma tamén a acometida eléctrica da depuradora. A este respecto, o alcalde recordou que "non imos asumir as competencias da Xunta de Galicia" pois a acometida eléctrica é parte da instalación, e cifrou en 100 euros o subrecusto por familia viguesa da proposta da Xunta.
A negociación do financiamento aínda está por pechar entre as administracións local, autonómica e estatal. O que si semella estar pechado é a aportación do Estado de 112 millóns de euros e que o Ministerio de Medioambiente adiantará o pago dos aproximadamente 118 millóns que lle correspondería á Xunta de Galicia. O custo total da EDAR de Vigo ascende a 238 millóns de euros. O alcalde agradeceu a dispoñibilidade do Goberno de España ao ser a depuración das augas "competencia exclusiva" das autonomías.