Escoitar

Concerto de Voces Femininas con Basia Bulat + Dawn Landes + Hello Saferide

O sábado 21 de novembro ás 22.30 horas, terá lugar o concerto principal do festival Voces Femininas 2009 no auditorio do Centro Cultural Caixanova . Subirán ao escenario Basia Bulat, Dawn Landez e Hello Saferide.<br />

venres, 20 nov 2009
1258637517basia.jpg
Basia Bulat
Abrirá os concertos Hello Saferide, quizais a artista que con máis talento e forza irrompeu no panorama musical sueco nos últimos anos. En 2008 publicou o seu segundo disco de estudo, More modern short stories from Hello Saferide (Razzia Records), que por fin vén presentar nas súas primeiras actuacións no noso país.

A continuación subirase ao escenario Dawn Landes, unha cantante e compositora americana que factura un folk imaxinativo , que domina as táboas como ninguén e que, entre outras moitas cousas, traballou como enxeñeira de son ás ordes de Philip Glass.

E pechará a noite a canadense Basia Bulat, que sorprendeu a todo o mundo no 2007 con Oh My Darling (Rough Trade), unha colección de cancións preciosas, incriblemente arranxadas e mecidas por unha voz portentosa. Din os que a viron en directo que, sobre o escenario, a maxia multiplícase, amplificada pola súa voz, a súa técnica instrumental, a súa simpatía e a súa capacidade para conectar co público.

No concerto renderase unha pequena homenaxe a Françoise Hardy, unha das estrelas máis grandes xurdidas no século XX e todo un exemplo de saber estar, de bo gusto e de carreira intachable para as seguintes xeracións.

O festival terminará con Noite de Voces Femininas, unha iniciativa á que se uniron as principais salas de Vigo (A Iguana, A Fábrica de Chocolate e Sala Mondo) e pola que nestes locais só se porá música interpretada por voces femininas.

Podedes atopar información sobre o festival, sobre as artistas e un pequeno blog actualizando regularmente en www.vocesfemeninas.com

Pola sua banda,a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso salientou que esta convocatoria, ademais de proporcionar un espazo no que dar a coñecer o "gran talento das cantautoras", quere tamén rendir homenaxe ás mulleres pioneiras, "que ofrecen pezas que xa forman parte do noso acerbo musical", como neste caso á cantante francesa Françoise Hardy.

"Dende a Concellería de Igualdade queremos subliñar a importancia de proporcionar espazos como este, que lle dean un lugar onde mostrarse ás mulleres creativas", afirmou Iolanda Veloso. Neste sentido, indicou que as cantautoras participantes neste festival son mulleres novas procedentes de distintos lugares do mundo "que precisan un espazo para darse a coñecer".
1258637517basia.jpg
1258637541dawnn.jpg
1258637564hello.jpg
Descargar todas as imaxes