Escoitar

O tenente de alcalde inaugura Galiexpo Motor Show como "un salón referente na automoción"

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou hoxe a quinta edición do Salón Galiexpo Motor Show, que se celebra no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), ata o domingo, salientando que se trata xa dun "referente no sector das feiras da automoción". O concelleiro explicou que é un salón xa consolidado que relaciona un dos sectores máis importantes da cidade como é o da automoción co espectáculo.

venres, 20 nov 2009
Santi Domínguez fixo referenza o traballo desenvolvido polos organizadores, "xente xoven e emprendedora", que foi quen de facer que este salón saíra adiante, a pesar dos momentos de crise que fixeron imposible abrir os de Madrid ou Barcelona. O tenente de alcalde manifestou tamén a importancia de contar con eventos deste nivel para "seguir mantendo o recinto do Ifevi no máis alto".

Galiexpo Motor Show ofrece nesta edición unha gran variedade de novedades como a exposición de coches americanos, na que se poderán atopar modelos lexendarios como un Pontiac Trans Am ou un Cádillac el Dorado descapotable. No apartado de tunning presentarase por primeira ver nunha exposición de oito coches, valorado cada un deles en 600.000 euros, e que posteriormente se trasladarán a un museo de Málaga.

Respecto aos espectáculos deportivos celebranse o encontro Club Harley Davidson Galicia Chapter e exhibicións de coches drift e extreme stunt motos. Asemade, o salón contará coa representación de sectores como os accesorios para a personalización do automóbil, vechículos de competición, coches americanos, e recambios e compeñentes. O horario é, hoxe venres de 10 a 20 horas, o sábado de 10 a 21 horas e o domingo 22 de 10 a 20 horas e o prezo, 5 euros.