Escoitar

Travesía da Cordilleira Cantábrica

O Clube Peña Trevinca Montañeiros de Galicia amosa no Punto Xove unha exposición de fotografía para dar a coñecer o proxecto de percorrer a Cordilleira Cantabrica desde Ancares ata Reinosa, no nacemento do Ebro.

luns, 23 nov 2009
1258986088cordillera.jpg
A exposición mostra unha primeira etapa dende Porto Ancares ata Porto Trayeto, unha segunda de Porto Trayeto a Leitariegos e a terceira desde Leitariegos a Porto de Somiedo. As fotografías son unha selección das presentadas por participantes desas etapas.

A exposición permanecerá aberta ata o 9 de decembro no Punto Xove da Concellaría de Xuventude de Vigo na rúa López de Neira 27.
Descargar todas as imaxes